• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental e fomentar a lectura verde

Xornadas Patrimonio Xeolóxico

Vostede está aquí

Xornadas Patrimonio Xeolóxico
Prazas limitadas
Data
venres, 27 Xuño, 2025
Horario

10 a 14 horas

Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza

CEIDA

Patrocina

Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Xunta de Galicia

Obxectivos
  • Identificar a xeodiversidade e o patrimonio xeolóxico do territorio e axudar a enfocar a súa conservación, xestión e divulgación, así como o seu uso didáctico e recreativo sostible.
  • Identificar as claves para a correcta xestión de estes elementos que, en ocasións, garda unha estreita relación coa biodiversidade, co patrimonio histórico-artístico, coas tradicións, crenzas e folclore dalgúns lugares e, incluso, pode ter unha importante significación relixiosa ou ser un signo de identidade local.
  • Adquirir coñecementos sobre a evolución e funcionamento do noso Planeta. Trátase da “memoria da terra”, un rexistro único dos acontecementos que teñen e tiveron lugar ao longo da historia da Terra, os cales quedaron rexistrados, entre outros, nas nosas rochas, paisaxes ou solos, e condicionan o noso día a día.
Dirixido a

A xornada está dirixida aos xestores/as, persoal técnico, docentes, profesionais do turismo activo, ou público xeral interesado no coñecemento do patrimonio xeolóxico como unha ferramenta que permita a posta en marcha de iniciativas de conservación, educación e divulgación para crear un proxecto de desenvolvemento socioeconómico e cultural.

Programa
  • 09.00 h.- Inauguración das xornadas.
  • 09.30 h.- Xeodiversidade e patrimonio xeolóxico, é o mesmo?  D. Javier Luengo Olmos, Técnico Superior Especializado, Departamento de Recursos Geológicos para la Transición Ecológica, Instituto Geológico y Minero de España, Consejo Superior de Investigaciones Científicas (IGME- CSIC).
  • 10.00 h.- Xeoloxía sen rochas.  Dr. Juan Ramón Vidal Romaní, Profesor Emérito Catedrático de Xeoloxía da Universidade da Coruña e Académico Numerario da Real Academia Galega de Ciencias (Sección de Xeoloxía e Química).
  • 10.30 h.- O rexistro xeolóxico para reconstruír o clima do pasado.  D. Armand Hernández Hernández. Investigador Ramón y Cajal no Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) e director da Oficina de Sustentabilidade (OdS) da Universidade da Coruña (UDC).
  • 11.00 h.- Descanso.
  • 11.30 h.- A orixe dos terreos alóctonos de Galicia: Unha historia multinacional.  D. Ricardo Arenas Martín, Catedrático do Departamento de Petroloxía e Xeoquímica da Universidad Complutense de Madrid.
  • 12.00 h.- Seixo Branco e a maxia do cuarzo na Prehistoria.  D. David Martín Freire Lista, Investigador Ramon y Cajal. Instituto Geológico y Minero de España, Consejo Superior de Investigaciones Científicas (IGME- CSIC).
  • 12.30 h.- Paleontoloxía en e dende Galicia.  D. José Bienvenido Díez Ferrer, Especialista en paleobotánica. Catedrático/a da Área de Estratigrafía do Departamento de Xeociencias Mariñas e Ordenación do Territorio da Universidade de Vigo.
  • 13.00 h.- Por que a xeodiversidade é importante?  Dr. Manuel Monge Ganuzas, Técnico Reserva da Biosfera de Urdaibai. Gobierno Vasco. Presidente da Comisión de Patrimonio Geológico da Sociedad Geológica de España e Vice-Presidente da Asociación Internacional para a Conservación do Patrimonio Xeolóxico (ProGEO).
Inscrición
  • Inscrición gratuíta.
  • Prazas limitadas.

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio