Actividade online
Esta interpretación, como ferramenta para comunicar os valores e a importancia do patrimonio natural e cultural, parte dun concepto metodolóxico básico, o "tema interpretativo", concepto que habitualmente presenta dificultades para a súa formulación e aplicación. A finalidade deste curso é expoñer e analizar os conceptos esenciais que fan desta disciplina unha metodoloxía idónea para conectar co público, poñendo énfase no "tema interpretativo", como a idea principal de calquera produto interpretativo. Outros conceptos a revisar son "provocación do pensamento", "relevancia" e "amenidade", que tamén contribúen a mellorar a efectividade das accións de medicación e posta en valor do patrimonio visitable, sea in situ ou en museos.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org