• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental e fomentar a lectura verde

Interpretación temática en espazos naturais protexidos. Análise de caso: Costa de Dexo

Vostede está aquí

Interpretación temática en espazos naturais protexidos. Análise de caso: Costa de Dexo
Prazas limitadas
Data
martes, 2 Xuño, 2026 a luns, 22 Xuño, 2026
Lugar

Actividade online

Organiza
  • CEIDA
  • Deputación da Coruña
Obxectivos

Esta interpretación, como ferramenta para comunicar os valores e a importancia do patrimonio natural e cultural, parte dun concepto metodolóxico básico, o "tema interpretativo", concepto que habitualmente presenta dificultades para a súa formulación e aplicación. A finalidade deste curso é expoñer e analizar os conceptos esenciais que fan desta disciplina unha metodoloxía idónea para conectar co público, poñendo énfase no "tema interpretativo", como a idea principal de calquera produto interpretativo. Outros conceptos a revisar son "provocación do pensamento", "relevancia" e "amenidade", que tamén contribúen a mellorar a efectividade das accións de medicación e posta en valor do patrimonio visitable, sea in situ ou en museos.

  • Obxectivo xeral: coñecer a metodoloxía da interpretación temática como estratexia de comunicación do patrimonio en contornas non formais.
  • Obxectivos específicos: ao finalizar o curso, as persoas participantes serán capaces de:
    • Analizar o recurso patrimonial identificando conceptos tanxibles e intanxibles para unha comunicación máis efectiva.
    • Empregar a metodoloxía T.O.R.A. (de Sam Ham) para elaborar mensaxes interpretativas.
    • Desenvolver produtos interpretativos a partir da definición dun "tema interpretativo".
    • Aplicar as técnicas da interpretación do patrimonio no caso práctico do Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes.

 

Dirixido a
  • Persoas que traballen ou desexen traballar na interpretación e presentación do patrimonio ao público nos espazos naturais protexidos (guías, especialistas en museografía, educación ambiental, etc.).
  • Profesionais e estudantes nos ámbitos do turismo, xestión cultural e medio ambiente.
Imparte
  • Jorge Morales Miranda, intérprete do patrimonio, consultor e docente nesta materia. Experto en metodoloxía para a interpretación do patrimonio.
  • Jorge Gude Armas, profesional da Educación Ambiental e membro do equipo educativo do CEIDA.
Características
  • 30 horas.
  • Plataforma Moodle.
  • 5 módulos con exercicios prácticos.
  • Charlas semanais en directo.
  • Titorías persoais e seguimento personalizado.
  • Foro de dúbidas e cuestións xerais.
  • Idioma: español.
  • Diploma acreditativo.
Contidos
  • Módulo 0. Coñecendo o Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes.
  • Módulo 1. Introducción á Interpretación do Patrimonio:
    • O contexto da interpretación.
    • Finalidades e definicións.
    • Os principios de Freeman Tilden.
    • Interpretación secuencial e non secuencial
  • Módulo 2. Metodoloxía da interpretación:
    • Os tres pilares da interpretación:
      • O Recurso.
      • O Público Visitante.
      • As Técnicas.
      • Análise de  un caso: Visitas guiadas no Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes.
    • Fundamento metodolóxico para a interpretación: o modelo TORA de Sam Ham:
      • Temática.
      • Organizada.
      • Relevante.
      • Amena.
    • A mensaxe “interpretativa”.
  • Módulo 3. Interpretación secuencial (guiada):
    • O proceso da interpretación para deseñar produtos interpretativos:
    • A interpretación guiada.
      • Recomendacións para o deseño.
      • Recomendacións  para a execución do percorrido.
  • Módulo 4. Interpretación no secuencial (autoguiada):
    • Carteis e exhibicións interpretativas.
      • Recomendacións  para o deseño.
  • Módulo 5. Avaliación de produtos e servizos interpretativos.
    • Avaliación  de produtos interpretativos, incluído o “tema”.
    • Avaliación  do impacto no público: o procesamento do “tema”.
Inscrición

Actividade gratuíta.

Prazas limitadas.

Imprecindible incrición a través do seguinte formulario:

   

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio