• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental e fomentar a lectura verde

Ecomenú Literario: lectura en voz alta para saborear a natureza

Vostede está aquí

Ecomenú Literario: lectura en voz alta para saborear a natureza

Ecomenú Literario: lectura en voz alta para saborear a natureza

Prazas limitadas
Xuño trae consigo unha das épocas do ano que máis disfrutamos na biblioteca verde do CEIDA: a de abrir as portas ao xardín, sacar os libros ao exterior e deixar que a lectura se mesture cos sons, os aromas e as cores da natureza. Co Día Mundial do Medio Ambiente á volta da esquina, regresa o  Ecomenú Literario,  unha proposta de lectura en voz alta, diálogo e reflexión compartida para reconectar coa natureza a través das palabras.
 
Durante a actividade, dirixida a público adulto e xuvenil (a partir de 16 anos), as persoas participantes poderán descubrir unha selección de textos e lecturas preparadas para a ocasión, nun menú degustación inspirado na natureza, a emoción e a escoita colectiva.
 
A cita terá lugar o vindeiro   sábado, 6 de xuño   ás 12 h.,  no    xardín do Pazo de Lóngora.
 
As prazas son limitadas, polo que é imprescindible confirmar asistencia no seguinte formulario:
 

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio