• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental e fomentar a lectura verde

Esencia salvaxe: experiencia sensorial entre aromas, literatura e natureza

Vostede está aquí

Esencia salvaxe: experiencia sensorial entre aromas, literatura e natureza

Esencia salvaxe: experiencia sensorial entre aromas, literatura e natureza

Prazas limitadas

A que ulen os recordos? Hai aromas capaces de facernos viaxar a outro momento, a outro lugar ou mesmo a unha emoción que criamos esquecida.

Esencia Salvaxe é unha nova proposta da Biblioteca Verde do CEIDA que combina natureza, aromas, literatura e memoria nunha experiencia sensorial diferente.

Unha viaxe a través do olfacto

O olfacto ten unha relación moi especial coas nosas emocións e coa memoria. É o sentido que está máis directamente conectado con zonas do cerebro relacionadas con sentir e lembrar. Por iso, ás veces, un aroma pode levarnos directamente a un recordo antes mesmo de sermos capaces de identificar o que estamos ulindo. Pode devolvernos unha paisaxe, unha persoa, un momento ou unha emoción. Pode sorprendernos, espertar a curiosidade ou facer aparecer unha historia que permanecía agochada na memoria. E nesa capacidade dos aromas para evocar e transportarnos nace Esencia Salvaxe.

Durante a actividade, diferentes aromas relacionados coa natureza irán guiando unha experiencia na que sentir, lembrar e compartir serán parte da viaxe. As sensacións e evocacións que xurdan atoparán tamén un lugar nas palabras, a través da lectura en voz alta de textos seleccionados para dialogar cos sentidos.

Esencia Salvaxe é, así, un convite a experimentar a natureza doutra maneira, a través do olfacto, da literatura e das historias que cada persoa leva consigo.

Unha experiencia piloto

No CEIDA gústanos probar cousas novas, experimentar e explorar que acontece cando mesturamos linguaxes diferentes. Por iso, Esencia Salvaxe nace como unha experiencia piloto que queremos estrear convosco.

Non sabemos exactamente a onde nos levará esta viaxe, pero si sabemos que queremos descubrilo. Anímate a probar esta nova proposta da Biblioteca Verde e déixate sorprender polos sentidos!

Quen pode participar?

A actividade está pensada para todo tipo de públicos a partir de 16 anos.

Cando e onde terá lugar?

  • Sábado 26 de setembro, ás 12:00 h
  • Xardín do Pazo de Lóngora. Se as condicións meteorolóxicas non permiten realizar a actividade no exterior, trasladarse ao interior da biblioteca.

Inscrición

As  prazas son limitadas polo que é preciso confirmar a asistencia a través do seguinte formulario:

            

 

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
[email protected]

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio