A punta da Estaca de Bares está considerada un dos mellores puntos de Europa para a observación de aves mariñas e é un espazo chave no Corredor Migratorio Galaico-Cantábrico Occidental, integrado na Rede Natura 2000. Debido á súa importancia, nos últimos anos o CEIDA ven desenvolvendo traballos de estudo da migración de aves mariñas neste espazo, que culminan no proxecto de seguimento e voluntariado Alas Oceánicas, froito da colaboración con SEO/BirdLife e o Concello de Mañón.
Con motivo do Día Europeo da Rede Natura 2000, este xoves 21 de maio ás 18 h. terá lugar un encontro en liña para achegarnos á riqueza das aves mariñas e á importancia dos espazos protexidos do noso litoral.
Durante a sesión poñeranse en valor o observatorio de Estaca de Bares e os traballos de seguimento de fauna mariña alí desenvoltos, e presentaranse o primeiro informe do programa ALAS OCEÁNICAS, cos resultados do seguimento realizado entre xuño e novembro de 2025, e o programa de voluntariado para o ano 2026.
A asistencia é libre, previo rexistro en:
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org