• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

A biodiversidade do Golfo Ártabro: unidade didáctica / publicación electrónica

Vostede está aquí

A biodiversidade do Golfo Ártabro: unidade didáctica

l

Foi o gran xeógrafo galego Ramón Otero Pedrayo quen deu o nome de Golfo Ártabro ao litoral formado polas rías de Ferrol, ría de Betanzos-Ares e do Burgo. Forman parte del un total de 16 concellos, e ten máis de 200 km de litoral. Os seus ecosistemas mariños e litorais, moitos deles protexidos, son fogar dunha asombrosa cantidade de seres vivos, incluidos golfiños e baleas, flora e fauna ameazadas, algunhas das colonias de aves mariñas máis importantes da Península Ibérica, etc.

Esta publicación, dirixida ao profesorado, forma parte do proxecto  “Un mar de vida para a cidadanía”, desenvolvido durante o 2018 polo CEIDA, e ten como obxecto divulgar a importancia da biodiversidade e servizos dos ecosistemas do Golfo Ártabro e sensibilizar á poboación deste territorio sobre ese valor. A iniciativa conta co apoio da  Fundación Biodiversidad,  do   Ministerio de Transición Ecológica,  a través do Programa Pleamar do   FEMP

A unidade didáctica recolle algúns dos principais valores naturais e patrimoniais do territorio, así como os servizos que éstes ofrecen á poboación que alí vive. Inclúe ademáis diversas actividades para que os rapaces e rapazas poidan desenvolver nas aulas.

Edita

CEIDA

Co apoio de

Fundación Biodiversidad, do Ministerio de Transición Ecológica, a través do Programa Pleamar do FEMP. 

Información adicional

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio