• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

AmbientalMente Sustentable, Vol. 26 Núm. 1-2 (2019)

Vostede está aquí

AmbientalMente Sustentable, Vol. 26 Núm. 1-2 (2019)

Crise ecolóxica e migracións: leituras e respostas da Educación Ambiental

No ano 2007, celébrase o 1º Congreso Internacional de Educación Ambiental dos Países de Língua Portuguesa e Galiza, en Santiago de Compostela. Aproximadamente 250 participantes, dos oito países de língua portuguesa e Galiza, analizaron o estado da arte da educación ambiental en cada realidade e revelaron o interese de coordinar e sumar esforzos por un desenvolvemento equitativo, xusto e sostible. Desde entón, esta cita repítese con asiduidade: o 2º Congreso foi no Brasil (2013), o 3º en Portugal (2015), o 4º en São Tomé e Príncipe (2017) e o 5º Guiné Bissau (2019). Este número doble da revista recolle algunhas das aportacións deste V Congreso, que congregou ás persoas participantes arredor do tema “Crise ecolóxica e migracións: leturas e respostas da Educación Ambiental”.

Presentamos as comunicacións do eixo 2 –a Educación Ambiental nos equipamentos, conservación e xestión ambiental–, así como a Declaración de Bubaque e as Recomendacións que desde o V Congreso se elevan ás reunións ministeriais da CPLP.

AmbientalMENTE sustentable nace como espazo de difusión do pensamento e das propostas educativo-ambientais do mundo lusófono e galego nas nosas propias linguas. Visibilizar e divulgar as aportacións destes congresos é unha das súas razóns de ser. Unha vez máis agradecemos á organización ternos en conta para a divulgación dos avances na materia e dos acordos subscritos.

 

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio