Dende o ano 2019 o CEIDA ven celebrando de xeito anual un ciclo de xornadas divulgativas co obxectivo de poñer en valor as personaxes femininas vinculadas ao territorio da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas. Estas mulleres deixaron a súa pegada na cultura, na ciencia e na sociedade, lembrándonos que a súa forza e compromiso transcenden calquera fronteira. Cada unha delas representa unha maneira diferente de mirar o mundo, de transformar a realidade e de deixar un legado que segue vivo hoxe.
Resultado da información e documentación recompilada durante estes seis anos, nace esta publicación divulgativa, que pretende difundir a figura destas seis mulleres excepcionais dos séculos XIX e XX que contribuíron a transformar o territorio e a manter viva a memoria colectiva.
Descubre, aprende e inspírate con estas mulleres da Reserva de Biosfera:
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org