• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Castelo de Santa Cruz

Vostede está aquí

O Castelo de Santa Cruz é un dos símbolos do Concello de Oleiros. Está enclavado nun illote da ría da Coruña ao cal se accede por unha pasarela peonil de madeira. Foi declarado Ben de Interese Cultural polo seu alto interese histórico, o que xunto a súa beleza natural e paisaxística, fan deste lugar unha paraxe extraordinaria chea de maxia e historia.

A illa conta ao seu arredor cun paseo litoral dende o que se pode desfrutar dunhas magníficas e inmellorables vistas da cidade herculina, así como de Santa Cruz e do seu pequeno porto, que aínda que hoxe en día o número de mariñeiros é moi reducido, foi un dos máis importantes de Oleiros entre os séculos XVI a XVIII.

Nos arredores de Santa Cruz hai tamén outros puntos de interese que paga a pena ser visitados como o Monumento Natural Costa de Dexo, a praia de Santa Cristina ou o pequeno Porto de Lorbé. Ademáis, desde o 2013, o Concello de Oleiros forma parte da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, que representa o 14,33% da superficie da provincia da Coruña, repartida en 17 concellos. É a segunda Reserva de Biosfera galega por orde de superficie, sendo a primeira declarada na provincia da Coruña. 

Castelo de Santa Cruz
Vista aérea do Castelo de Santa Cruz e a súa contorna

 

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas