• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Crebeiros no Mundo / Beachcombers around the world: IV Encontro Internacional do Lixo Mariño

Vostede está aquí

Crebeiros no Mundo / Beachcombers around the world: IV Encontro Internacional do Lixo Mariño
Data
venres, 4 Outubro, 2019 a domingo, 6 Outubro, 2019
Organiza
  • Mar de Fábula.
  • RetoqueRetro.
  • CEIDA.
Colabora
  • GALP Golfo Ártabro Sur.
  • UICN.
  • Fundación Oxígeno.
  • Ars Ciencia
  • W8
  • Daterra
Obxectivos

Cuarta edición do encontro internacional onde se falará das Crebas (todo aquelo recollido nas praias, devolto polo mar e susceptible de ser reutilizado) como Arte, como medio de transmisión dunha realidade de intoxicación do planeta por plásticos que van parar ao mar. Temos a certa experiencia de que á sociedade non lle gusta mirar de fronte esta realidade a menos que se faga algo bonito e extraordinario co lixo. E o firme convencemento de que os obradoiros artísticos con lixo mariño son unha magnífica experiencia sensorial que facilita moito a comprensión e sensibilización a cerca desta problemática. O encontro  inclúe limpeza de praias e obradoiros artísticos.

Dirixido a

Todos os públicos.

Programa

VENRES, 4 OUTUBRO (actividades de voluntariado).
Limpezas de praias na Área Metropolitana da Coruña:

  • 11.00 a 13.00 h. Limpeza na praia de Espiñeiro (Mera, Oleiros).
  • 16.30 - 19.00 h. Limpeza na praia de Bens (A Coruña). - PRAZAS ESGOTADAS!

 

SÁBADO, 5 OUTUBRO (charlas-coloquio na sede do CEIDA).

9.30 h. Inauguración

  • 10.00 h. Na defensa dunha mar asoballada. Xosé Manuel Barros. Presidente de Mar de Fábula.
  • 10.30 h. Mare Plasticum. Margarita Cimadevila e Wolfgang Trettnak. ArsCiencia.

11.00 h. Pausa Café.

  • 11.30 h. Das crebas ao lixo. Isa García, Javi Serantes, Ana Lee. RetoqueRetro colectivo artístico.
  • 12.00 h. We “The sustainability project”. Óscar Vales. VAZVA.
  • 12.30 h. Sistemas de depósito para recuperar envases reutilizábeis. Ana Gutiérrez. Retorna

13.30 h. Rolda de preguntas.

  • 16.00 h. A brincar é que a xente se entende. Ana Pêgo. Plasticus maritimus. 
  • 16.30 h. Océano, a urxencia de descontaminar e responsabilizar.  Simão Acciaioli e Rute Novais. Brigada do Mar.
  • 17.00 h. Ocean Plastic Tracker. Lionel Lucas e Jean-Pierre Nicolas. Ansel Association.
  • 17.30 h. Iniciativas de colaboración co sector pesqueiro para a prevención e mitigación do lixo mariño en Galicia. Xoan Lueiro. Centro Tecnolóxico do Mar – Fundación CETMAR.
  • 18.00 h. A Estratexia de Desenvolvemento Local Pesqueiro do GALP Golfo Ártabro Sur e as líneas de axuda en materia de medio ambiente. Federico López Viñas. GALP Golfo Ártabro Sur.
  • 18.30 h. Programa de grandes peixes e cetáceos e os plásticos. José Ramón González Pan. Asociación En el Medio.
  • 19.00 h. La mar de limpio. Roberto Lozano. Fundación Oxígeno.

19.30 h. Rolda de preguntas.

  • 20.00 h. “Waste or not to waste”, performance audiovisual con lixo. Susana SanRomán. Artista visual.
  • 21.00 h. Concerto ‘Las Antonias’ (exclusivo para os/as asistentes ao encontro).

 

DOMINGO 6 OUTUBRO (voluntariado + obradoiros)
Xornada de limpeza de praia e obradoiro artístico na praia de Bastiagueiro (Oleiros).

  • 12.00 h. Recepción de voluntarios.
  • 12.15 – 13.00 h. Limpeza do areal.
  • 13.00 – 14.00 h. Obradoiros artísticos.
Inscrición
  • Actividades de balde.
  • Prazas limitadas.

 

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas