• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Curso online 'Youtube para profesionais da educación'

Vostede está aquí

Curso online 'Youtube para profesionais da educación'
Prazas limitadas
Data
luns, 2 Outubro, 2023 a martes, 24 Outubro, 2023
Coordinación
  • Alfonso Peña Rotella. Xeógrafo e Educador Ambiental. Creador do canal de Youtube de Educación Ambiental   “Sinapsis Ambiental”,   e promotor do canal de Twitch   “En Plan Planeta”.
  • Diego de Vallejo Pérez. Enxeñeiro técnico forestal e Educador Ambiental. Profesor de videoblogging empresarial na Universidade CESINE. Creador do canal de Youtube de Educación Ambiental   “Poty Ambienturas”. 
Obxectivos
  • Dotar ás persoas participantes duns coñecementos básicos sobre gravación, produción e edición de contido audiovisual cos seus propios medios (teléfono móbil, cámara de fotos, videocámara, micrófonos, iluminación…), e sobre as técnicas de comunicación que funcionan hoxe en día dentro de Youtube.
  • Aprender desde cero a crear e xestionar un novo canal en Youtube para xerar contido público ou privado e poder monetizalo posteriormente se o desexa, aprendendo a aproveitar as propias habilidades creativas e fomentando as boas prácticas da Educación Ambiental ao traballar na natureza.
Dirixido a

Persoal docente en activo, profesionais da educación ambiental, persoas interesadas na comunicación ambiental.

Contidos
  • As redes sociais cibernéticas; pasado, presente e futuro. Vocabulario técnico esencial.
  • Youtube desde dentro: tipos de canais en Youtube. A divulgación cultural en canais de Youtube. O noso público. Onde aprender máis sobre Youtube.
  • Estrutura e instalación do noso Set-up. Equipos, prezos e materiais.
  • “A xestión da marca persoal”. Privacidade e xestión da pegada digital ao expoñer o noso traballo en internet.
  • Guionizado e arquitectura interna nun vídeo de Educación Ambiental.
  • Ética e boas prácticas ao traballar na natureza coas redes sociais.
  • Técnicas de comunicación: falando á cámara.
  • Ferramentas online gratuitas para a edición de vídeo.
  • Subida do material a Youtube. Promocionar o canal nas redes sociais e outros medios de comunicación.
  • Formas de financiación dun canal de Educación Ambiental.
  • Obradoiros prácticos de edición de vídeo dixital cada día: entre outros, interfaz dun editor de vídeo; gravación en estudo; iniciación á edición de vídeo; guionización e gravación de storyboard; elaboración de miniaturas para vídeos; gravación e edición de vídeo con chroma-key; realización de emisións en directo; traballo final de curso.
Formato e requisitos

O formato do curso é en liña, e inclúe unha sesión presencial (imprescindible asistir).

O alumnado necesita contar con: ordenador conectado a internet e programa de edición de vídeo instalado, ademáis dun equipo de gravación de vídeo (teléfono móbil, cámara réflex, videocámara…).

Os exemplos que realizará o profesorado levaranse a cabo con DaVinci Resolve  (aplicación gratuíta) e con Camtasia  (de pago), polo que é recomendable que, alo menos, as persoas participantes teñan instalado un destes dous programas antes do comezo do curso.

A continuación, a modo orientativo, indicamos requisitos mínimos cos que debe contar o equipo informático para que a edición de vídeo resulte fluída:

Horas e datas

O curso conta coa seguinte distribución de horas:

  • Curso online: 30 horas de sesións con profesorado, a través da plataforma Zoom.
  • Sesión presencial: 8 h. 
  • Traballo final do alumnado: 8 h.

En canto ás datas, as sesións terán lugar nos seguintes días:

  • Sesións online: día 2, 3, 4, 5, 9, 10, 11, 16, 17 e 24 de outubro, en horario de 16 a 19 h.
  • Sesión presencial: 7 de outubro, en horario de 9 a 14 h. e de 16 a 19 h.
Inscrición
  • Actividade gratuíta. 
  • Prazas limitadas por rigurosa orde de inscrición.

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio