• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Educación Ambiental para Decrecer

Vostede está aquí

Educación Ambiental para Decrecer
Data
venres, 17 Novembro, 2017 a sábado, 18 Novembro, 2017
Horario
  • Venres: 16 - 20 h.
  • Sábado: 10 - 14 / 16 - 20 h.
Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza

CEIDA

Obxectivos

A Educación Ambiental revélase na actualidade como unha complexa amalgama de teorías e prácticas que abordan dende diferentes puntos de vista a concepción de educación, de medio ambiente ou de desenvolvemento social e económico. Unha imbricada rede de enfoques ideolóxicos e metodolóxicos que se foi tecendo en catro décadas de historia, cos seus respectivos conflitos de intereses.

Asumindo como certeza a existencia dunha crise ambiental planetaria, neste curso formativo proponse reflexionar sobre o papel da Educación Ambiental no actual escenario, para avanzar colectivamente no deseño de proxectos e intervencións que aposten por unha Educación Ambiental decrecentista.

Os obxectivos que persegue esta formación son: 

  • Dar a coñecer as dimensións da crise ambiental
  • Identificar claves de actuación en prol da sustentabilidade.
  • Expoñer a traxectoria da educación ambiental
  • Afondar no deseño de intervencións educativas baseadas nas teorías da transición e o decrecemento.
Dirixido a

Educadoras/es ambientais, educadoras/es sociais, dinamizadores culturais, técnicos/as municipais, profesionais do ámbito da xestión ambiental, profesorado, estudantes e público interesado.

Metodoloxía

Todas as sesións desenvolveranse a través de dinámicas participativas.

Imparte

Miguel Pardellas

Licenciado en CC. Ambientales pola Universidad de Salamanca e doutor en CC. da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela. Ate a data, a relación entre a Educación Ambiental, a Participación Social e os Movementos Sociais teñen centrado a súa actividade investigadora, con especial protagonismo do movemento ecoloxista e, máis recentemente, do movemento das comunidades en transición (transition towns) e do decrecemento. As temáticas sinaladas deron lugar a varios traballos, tanto para a súa publicación en revistas de ámbito científico como para outras de carácter divulgativo. A súa  actividade profesional está ligada fundamentalmente ao terceiro sector e á Universidade, coordinando proxectos, organizando eventos, redactando documentos estratéxicos, xestionando equipos de traballo e traballando directa e indirectamente coas administracións locais e autonómicas. Paralelamente, por cuestiones laborais pero tamén por activismo, participa en varias redes a nivel estatal en relación aos campos da Educación Ambiental, o Ecoloxismo e a Participación. Na actualidade compaxina proxectos de investigación na Universidade de Santiago de Compostela co traballo como autónomo no asesoramento e coordinación de concellos e entidades sociais para o impulso dunha participación equitativa e sustentábel.

https://www.linkedin.com/in/mpardellas

Contidos
  • Venres tarde (16:00 h. – 20:00 h.)
    • Presentación do curso e exposición de contidos e metodoloxía
    • Sesión 1. Por que unha EA decrecentista? Dimensións dunha crise poliédrica. As dimensións da crise ambiental actual conforman unha complexa rede de causas e efectos interrelacionados, dificilmente abarcábel de forma sintética. Con todo, nesta sesión tentarémolo, buscando dar resposta á pregunta que se formula no título sobre a necesidade do decrecemento.

 

  • Sábado mañá (10:00 h. – 14:00 h.)
    • Sesión 2. Respostas á crise ambiental. Nin a crise ambiental é algo novo, nin a presenza de discursos, teorías e movementos sociais que achegan lecturas e respostas aos seus retos tampouco. Coñecer o contexto social onde se circunscribe a crise e o xurdimento da EA serán os obxectivos deste espazo.
    • Sesión 3. O papel da EA.  A pregunta que serve de guía para esta sesión será a de “toda a EA é igual?” Que correntes, teorías e prácticas se entrecruzan baixo o nome de EA? Que papel xogan cada unha destas tendencias no contexto actual?

 

  • Sábado tarde (16:00 h. – 20:00 h.)
    • Sesión 4. Aproximación ao deseño e desenvolvemento de intervencións dunha EA decrecentista. A través dun exercicio práctico, reflexionaremos sobre como reformular prácticas e discursos para deseñar e desenvolver intervencións educativas baseadas nas teorías da transición e o decrecemento.
    • Avaliación e peche
Inscrición
  • Matrícula xeral: 50 €
  • Estudantes e desempregados/as: 45 €
CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas