• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

María Casares, a muller rebelde: III Xornada Mulleres Relevantes da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

Vostede está aquí

María Casares, a muller rebelde: III Xornada Mulleres Relevantes da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Data
venres, 11 Xuño, 2021
Horario

De 10 a 14 h.

Lugar

Xornada online, Plataforma Zoom

Organiza

CEIDA

Patrocina

Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Xunta de Galicia

Obxectivos
  • Promover o coñecemento das figuras femininas relevantes do territorio.
  • Poñer en valor o patrimonio cultural e histórico da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
Dirixido a
  • Profesionais do sector turístico.
  • Persoas con formación ou interese no ámbito da historia, da literatura e do medio ambiente.
  • Público xeral interesado.
Descrición
  • María Casares (A Coruña, 21 de noviembre de 1922 - Alloue, Francia, 22 de noviembre de 1996) foi unha actriz española de teatro e cine que triunfou no exilio en Francia, onde residiu desde a súa xuventude, a raíz do exilio do seu pai, o político Santiago Casares Quiroga, que fora ministro e xefe de Goberno da República baixo a presidencia de Manuel Azaña. Nacionalizada francesa en 1980 e considerada francesa polos franceses —que escriben o seu nome Maria Casares—, integrou xunto  a Edwige Feuillère e Madeleine Renaud o  grupo de tráxicas galas máis notable da súa xeración.
  • María Lopo é ensaísta en galego, francés e español, doutoura en Literatura Francesa pola Universidade de Rennes 2 – Haute Bretagne e autora especialista na actriz galega sobre a que ten publicado varios libros e escrito unha obra de teatro sobre a súa figura.
  • Mabel Rivera é actriz cunha enorme experiencia teatral así como en televisión e cine. Ademáis é unha gran coñecedora de María Casares e da súa obra, e impulsou no ano 2018 un roteiro polas rúas da Coruña no que se afondaba nas orixes familiares da actriz.
Programa

12.00 h. Benvida e presentación.

12.15 h. Charla-Coloquio entorno a figura de María Casares:

  • María Casares. Memoria exílica do paraíso. Maria Lopo. Docente, ensaísta e autora de teatro.
  • Lecturas de fragmentos das súas memorias e das cartas ao seu pai. Mabel Rivera. Actriz.
Inscrición
  • Imprescindible inscrición.
  • Prazas limitadas.
CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio