• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

María Wonenburger, matemática galega con dimensión internacional: II Xornada Mulleres Relevantes na Reserva de Biosfera MCeTM

Vostede está aquí

María Wonenburger, matemática galega con dimensión internacional: II Xornada Mulleres Relevantes na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Canle de Youtube do CEIDA
Data
martes, 7 Xullo, 2020
Horario

11.30 h.

Lugar

Actividade online, emitida en directo a través da canle de Youtube:
https://www.youtube.com/watch?v=1b-6_k1U_es

Organiza

CEIDA

Patrocina

Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Xunta de Galicia

Obxectivos
  • Promover o coñecemento das figuras femininas relevantes do territorio.
  • Poñer en valor o patrimonio cultural e histórico da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
Dirixido a
  • Profesionais do sector turístico.
  • Persoas con formación ou interese no ámbito da historia, da literatura e do medio ambiente.
  • Público xeral interesado.
Participan no debate
  • Ana Dorotea Tarrio Tobar. Profesora de Matemáticas da Universidade da Coruña.
  • María José Souto Salorio. Profesora de Matemáticas da Universidade da Coruña.
  • Mercedes Sampayo Yáñez. Profesora de Matemáticas no Ensino Secundario.
  • Ana García Wonenburger. Profesora de Ensino Secundario, sobriña de Maria Wonenburger.
Modera: Xosé A. Fraga Vázquez. Historiador e divulgador da ciencia
Sobre María Wonenburger

María Wonenburger (Oleiros, 1927-A Coruña, 2014) foi unha destacada matemática que traballou xunto a algúns dos referentes desta disciplina no século XX. Desde o seu nacemento en Oleiros (o seu apelido fai referencia á orixe alsaciana dun tataravó que chegou a Galicia para quedar),  pasando pola súa infancia na Coruña, a carreira universitaria no Madrid da posguerra, a viaxe a Norteamérica, onde se doutorou en Yale coa dirección de Nathan Jacobson, o regreso temporal a España, no CSIC, e a viaxe de volta ao continente americano cara a Ontario (Canadá) e despois a Buffalo, onde ficou ata 1983. Doutora por Yale, primeira muller española bolseira cunha Fullbright, profesora durante varias décadas na universidade estadounidense de Indiana, e catedrática dende os anos 70, María Wonenburger foi unha das referencias internacionais no mundo da álxebra. No seu período académico dirixiu a tese de Robert Moody,  que inspirou a teoría das álxebras de Kac-Moody.

María José Souto Salorio e Ana Dorotea Tarrio Tobar, profesoras da Universidade da Coruña, recolleron todas estas vivencias nun artigo publicado en 2006 pola Gaceta da Real Sociedad Matemática Española, que supuxo, con bastantes anos de retraso, o inicio do recoñecemento merecido para a matemática galega na súa terra de orixe. Os xestos por parte das Administracións non tardaron en chegar: en 2007, a Xunta de Galicia creou o premio co seu nome para galardoar a científicas salientables; e en 2010, a Universidade da Coruña investiuna como a primeira científica doutora honoris causa pola institución.

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas