• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Obradoiro de Ilustración Científica

Vostede está aquí

Obradoiro de Ilustración Científica
PRAZAS ESGOTADAS!
Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza

CEIDA

Patrocina

Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Xunta de Galicia

Descrición do obradoiro

Neste obradoiro o alumnado aprenderá o que é a ilustración científica, como é o traballo nesta área, e realizaranse varias actividades que servirán de iniciación ás técnicas do punteado e do lapis de cor. Ao final de cada unha das dúas sesións as persoas participantes contarán con dúas artes finais (unha por técnica) realizadas grazas a todos os coñecementos aprendidos. Ao remate do obradoiro, o alumnado:

  • Interpretará as formas e volumes dos diferentes obxectos e organismos que forman parte da natureza.
  • Será capaz de organizarse para levar a cabo os diferentes pasos necesarios para realizar unha ilustración científica.
  • Fará uso de diferentes técnicas (esbozo, entintado, punteado e lapis de cor) para ilustrar a realidade.
  • Deseñará e levará a cabo as súas propias ilustracións científicas.
Imparte

Sarela Lorenzo. Graduada en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, con formación en Ilustración Científica pola Universidade de Aveiro. Experiencia realizando talleres (coma no Compostela Ilustrada, ou no Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela) e traballando en proxectos coma o "Calendario Floral", en colaboración co grupo musical "DuoPrismA". Ilustracións expostas en varias cidades.

Datas e horarios
  • Sábado 13 e sábado 20 de abril.
  • De 10 a 14 horas.
Dirixido a:

Licenciados, gradua­dos ou estudantes de Bioloxía, Ciencias Ambientais, Belas Artes, Ilustración...; profesionais da educación ou da educación ambiental; persoas afeccionadas á pintura en xeral e ao debuxo científico en particular. A partir de 16 anos.

Inscrición

AS PRAZAS PARA ESTA FORMACIÓN ESTÁN ESGOTADAS

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio