• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Seminario Formativo Especies Exóticas Invasoras: situación e propostas de mitigación

Vostede está aquí

Seminario Formativo Especies Exóticas Invasoras: situación e propostas de mitigación
DISPOÑIBLES PONENCIAS PDF!
Data
xoves, 26 Outubro, 2017
Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza

CEIDA

Colabora

Co apoio da Fundación Biodiversidad

Obxectivos
  • Aumentar o grado de coñecemento sobre a problemática das especies exóticas invasoras.
  • Presentar exemplos de boas prácticas que permitan prever a súa expansión ou mitigar as súas consecuencias.
  • Dar a coñecer ao público en xeral o papel de prevención que pode desempeñar adoptando comportamentos responsables.
Dirixido a

Responsables políticos, persoal técnico ou equipos xestores dos Concellos das Reservas da Biosfera de Galicia e doutros concellos interesados; persoal investigador das universidades; entidades de custodia do territorio; organizacións e asociacións ambientalistas; público xeral interesado.

Programa

10.00 h. Inauguración

10.30 h. Especies invasoras en Galicia: orixe, mecanismos de expansión e situación legal. D. Pablo Ramil-Rego. Botánico, Director do IBADER, USC.
11.00 h. Especies invasoras en illas: un problema a escala mundial. Dna. Lucía Latorre Piñeiro. Doutora en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela.

11.30 h. Descanso

12.00 h. Flora invasora en Galicia. D. Jaime Fagúndez Díaz, Profesor de Botánica, Universidade da Coruña.
12.30 h. Invertebrados invasores en Galicia. D. Adolfo Cordero Rivera. Profesor de Ecoloxía Evolutiva, Universidade de Vigo.
13.00 h. Peces invasores en Galicia. D. Jesus Latas Zavala. Dirección Xeral do Patrimonio Natural Lugo, Xunta de Galicia.

16.30 h. Aves invasoras en Galicia. D. Jesús Domínguez Conde. Profesor de Zooloxía, Universidade de Santiago de Compostela.
17.00 h. Mamíferos invasores en Galicia. D. Rafael Romero Suances. Doutor en Ecoloxía. Consultor Ambiental.
17.30 h. Control de especies invasoras no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. D. José Antonio Fernández Bouzas. Director-Conservador do PNMT das Illas Atlánticas.

Inscrición
  • Asistencia de balde.
  • Prazas limitadas por rigurosa orde de inscrición.
CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas