• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Seminario 'Pradeiras Mariñas, Tesouros de Biodiversidade'

Vostede está aquí

Seminario 'Pradarías Mariñas, Tesouros de Biodiversidade'
PRAZAS ESGOTADAS!
Data
xoves, 21 Outubro, 2021 a venres, 22 Outubro, 2021
Lugar
  • Día 21: Castelo de Santa Cruz (Oleiros) + online
  • Día 22: só online 
Organiza

CEIDA

Co apoio de

Descrición

As pradarías mariñas son dos ecosistemas mariños máis ricos do planeta e teñen unhas funcións e servizos ambientais imprescindíbeis para moitas formas de vida mariña, amais dunha extraordinaria relevancia económica e social. Porén, son ecosistemas pouco divulgados e coñecidos nos que cómpre avanzar no seu coñecemento e tendencias de evolución, tanto a nivel global como a súa realidade nas rías galegas. Por ese motivo, neste seminario atópanse diversos proxectos que dende diferentes ópticas traballan para a conservación destes ecosistemas, amplamente distribuídos na beiramar galega e fundamentais na loita contra o cambio climático.

Dirixido a
  • Responsábeis políticos e técnicos vinculados coa xestión dos ecosistemas mariños e da beiramar.
  • Profesionais que desenvolven a súa actividade na contorna de pradarías mariñas (confrarías de pescadores, mariscadoras, deportes náuticos, turismo de natureza, etc).
  • Profesionais da educación e da comunicación ambiental.
  • Persoas procedentes de ONGs ambientalistas e calquera persoa interesada.
Programa
  • XOVES, 21 DE OUTUBRO (presencial e online)
    • 10:00 h. Recepción de participantes.
    • 10:15 h. Inauguración.
    • 10:30 h. Valor socioeconómico das pradarías de anxiospermas mariñas. Miguel Ángel Mateo Mínguez. Centro de Estudios Avanzados de Blanes, Consejo Superior de Investigaciones Científicas, School of Sciencies and Centre for Marine Ecosystems Research, Edith Cowan University.
    • 11:00 h. As pradarías mariñas en Galicia. Verónica García Redondo, Doutora experta en pradarías mariñas. Colaboradora do CEIDA.
    • 11:30 h. Coloquio.
    • 12:00 h. Pausa.
    • 12:30 h. Restauración das pradarías de Zostera noltei no País Vasco.  Joxe Mikel Garmendia. AZTI-BRTA. Investigación Marina.
    • 13:00 h. Proxecto ZOSTECO. Conservación das pradarías de Zostera noltei no NO da Península Ibérica: unha investigación baseada na cartografía participativa dos usos e servizos do ecosistema. Emilio Fernández Suárez. Facultade de Ciencias do Mar. Universidade de Vigo.

 

  • VENRES, 22 DE OUTUBRO (só online)
    • 12:00 h. Tendencia actual das pradarías mariñas europeas. Carmen B. de los Santos. Centro de Ciências do Mar, Universidade do Algarve.
    • 12:30 h. Protección costeira e os cambios das pradarías de Zostera noltei a longo prazo. Bárbara Ondiviela. IHCantabria - Instituto de Hidráulica Ambiental de la Universidad de Cantabria.
    • 13:00 h. Pradarías Mariñas, Tesouros de Biodiversidade. Programa de educación ambiental sobre pradeiras mariñas. Verónica Campos. CEIDA.
    • 13:30 h. Coloquio e clausura.
Inscrición
  • Asistencia gratuita.
  • Prazas limitadas.
  • Inscrición previa.

AS PRAZAS ESTÁN ESGOTADAS

 

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio