• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Xornada: A Vespa Velutina

Vostede está aquí

Xornada: A Vespa Velutina
Prazas limitadas!
Data
xoves, 14 Decembro, 2017
Horario

10 - 14 h.

Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza

Asociación Galega de Apicultura (AGA)

Colabora

CEIDA

Obxectivos
  • Dar a coñecer a situación da Vespa velutina, especie exótica invasora presente na maior parte do territorio galego.
  • Proporcionar información útil e actualizada aos Concellos e outras Administracións Locais para que estas poidan loitar contra a súa expansión.
Dirixido a

Responsables políticos e técnicos das Administracións locais; grupos de desenvolvemento rural e outras entidades locais; apicultores; educadores ambientais, naturalistas, biólogos; profesionais; público xeral interesado.

Descrición

A Vespa velutina é unha especie exótica invasora presente en Galicia dende o ano 2012 en continua e rápida expansión, chegando este ano a ocupar prácticamente todo o territorio galego. Ten un comportamento moi depredador e voraz, e aliméntase principalmente de insectos polinizadores (entre outros as abellas) e de froitas, polo que supón un grave problema ambiental que afecta a toda a sociedade, incluso á propia seguridade das persoas ante os posibles ataques desta especie en determinadas circunstancias. Para enfrentarse a esta situación requírese un plan de actuación global e coordinado dende as Administracións Públicas.

O sector apícola considera que a mellor ferramenta que temos a disposición actualmente é o trampeo preventivo e primaveral, para deter a corto prazo os danos que causa a Vespa velutina. Este trampeo baséase na captura de raíñas na primavera, evitando así a formación de niños, que poden chegar a ter 18.000 individuos, e minimizando así o seu impacto posterior.  A efectividade do trampeo está claramente condicionada a que este se faga non só nos apiarios, como se leva promocionado ata agora, senón tamén noutras zonas, como en zonas periurbanas e núcleos de poboación (onde as velutinas comezan coa construción dos niños primarios debido ao calor e ao resguardo das inclemencias), e tamén ás zonas rurais que non sexan necesariamente explotacións apícolas.  Cunha boa planificación preventiva na primavera pódense reducir de maneira significativa os custes e esforzos adicados despois á retirada de niños no verán.

Co obxectivo de ofrecer información e formación actualizada e útil para que os concellos poidan colaborar na loita contra esta praga, o CEIDA grazas á iniciativa da Asociación Galega da Apicultura, organiza esta xornada  na que se exporá cal é a situación actual da Vespa velutina e o seu impacto en Galicia, así como os métodos de loita que se poden desenvolver dende os propios concellos, e as ferramentas dispoñibles na actualidade.

Programa

10.00 h. Inauguración

10.30–12 h. Mesa redonda:

  • A Vespa velutina desde a óptica da Consellería do Medio Rural. D. Jesús Orejas, Xefe de Servizo de Sanidade Animal.
  • A Vespa velutina desde a óptica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. Dna. Elisa Gago, Xefa de Servizo de Conservación da Biodiversidade.
  • Eficacia da defensa das abellas coas arpas eléctricas. Dna. Sandra Rojas, Investigadora da Universidade de Vigo.

12.00–12.30 h. Pausa - café

12.30–14 h. Mesa redonda:

  • Ciclo da Vespa velutina e loita preventiva. D. Xesús Asorey, biólogo de AGA.
  • Aspectos xurídicos e actuacións de AGA, Asociación Galega de Apicultura, fronte a Vespa velutina. Dna. Laura García, avogada de AGA.
  • Experiencia de colaboración na loita contra a Vespa velutina na península do Morrazo. D. Odilo Barreiro, Concelleiro de Urbanismo, Vivenda e Infraestruturas e Medio Ambiente e Mar, Concello de Moaña.

14.00 h. Clausura.

Inscrición
  • Actividade de balde.
  • Prazas limitadas.
CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas