• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Resolución de Conflitos: Habilidades e Metahabilidades para Facilitar en Equipos e Organizacións (Módulo 5. Facilitación Grupos)

Vostede está aquí

Resolucion conflitos curso basico facilitacion grupos CEIDA
Data
venres, 10 Maio, 2013 a domingo, 12 Maio, 2013
Horario
  • Venres 10: de 16:30 a 20 h.
  • Sábado 11: de 10 a 14 h. e de 16 a 20 h.
  • Domingo 12: de 10 a 14 h.

As personas que están matriculadas no curso completo traballarán no seu proxecto personal tamén o domingo de 16 a 20 h.

Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza

CEIDA

Colabora

Instituto de Facilitación y Cambio (IIFAC-E); Academia de Permacultura NodoEspiral

Imparte

César Fernández Pérez. Membro de IIFAC-E (Instituto Internacional de Facilitación e Cambio).

Descrición

Os conflitos son naturais e poden ser creativos e produtivos. Pero, sen facilitación, os conflitos son custosos. Repítense, escalan e minan a nosa resolución e o espírito de equipos e organizacións.
Neste curso distinguiremos as diferentes dinámicas do conflito e aprenderemos a intervir a diferentes niveis (individual, de relación, grupal).
Enfocarémonos no traballo interno que cómpre facer dende o rol de facilitador para descubrir o potencial creativo dentro do conflito e atopar intervencións para a súa resolución.

Inscrición

Prezo: 75€

Máis información

formacion@ceida.org - 981 630 618

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas