• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

AmbientalMente Sustentable, número 11-12

Vostede está aquí

AmbientalMente Sustentable, número 11-12 CEIDA

 

AmbientalMENTEsustentable. Xaneiro-decembro 2011. Ano VI. Vol I, núm. 11-12

O turismo é un dos sectores económicos que máis ten crecido a nivel mundial; constitúe unha verdadeira industria que atrae divisas e inversións nun curto período de tempo, o que pode constituir unha oportunidade para o desenvolvemento sostible (mellora de infraestruturas, oportunidades de formación e emprego, valorización do propio etc.), ou ben, pode conlevar importantes desaxustes (impactos no medio natural, desculturización, movementos migratorios, os beneficios económicos fican deslocalizados etc.).

Neste novo número da revista preséntanse unha serie de reflexións de carácter xeral que serven para encadrar estratexias educativas e de xestión de cara a un turismo sustentable, e tamén estudos e expericiencias que ilustran que é posible promover outras formas de turismo a pequena escala, baseado na singularidade do lugar, o que non quita que sexan necesarios cambios estruturais dun modelo de turismo hexemónico mundial de carácter neo-colonial.

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas