• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Programa Educativo: A xestión dos residuos na provincia de Pontevedra: a compostaxe

Vostede está aquí

Programa Educativo: A xestión dos residuos na provincia de Pontevedra: a compostaxe CEIDA

 

  • Co apoio de

Deputación de Pontevedra

  • Ano

2016-2017

  • Descrición

A xestión dos residuos é un dos principais problemas ambientais aos que diariamente se teñen que enfrontar os concellos. A Deputación de Pontevedra fixo unha aposta clara pola colaboración coas Administracións Locais na posta en marcha de prantas de tratamento biolóxico e o impulso da compostaxe comunal, dentro do seu proxecto  Revitaliza.  Pero é preciso que a poboación local entenda a necesidade de separar a materia orgánica do lixo para reducir os elevados custes de recollida e tratamento, levando estos residuos aos composteiros. 

Este programa educativo desenvolvido polo CEIDA en colaboración coa Deputación de Pontevedra, está dirixido a todos os nenos e nenas de primaria e secundaria da provincia, preferentemente a aqueles próximos aos centros de compostaxe comunais que a Deputación instalou en distintos concellos, acompañado dunha formación específica tamén para o profesorado.

 

 

  • Obxectivos
    • Concienciar á comunidade educativa da problemática dos residuos.
    • Alcanzar un cambio de actitudes e de responsabilidade na separación dos residuos orgánicos domésticos.
    • Conseguir un compromiso persoal ante a redución dos mesmos e co uso dos composteiros comunitarios.
    • Informar sobre a importancia da compostaxe como alternativa necesaria, ao ser máis económica e ecolóxica que os tratamentos actuais.

 

  • Información adicional
CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas