• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Celebramos o Día da Terra e o Día do Libro #LendoNatureza

Vostede está aquí

Celebramos o Día da Terra e o Día do Libro #LendoNatureza

Celebramos o Día da Terra e o Día do Libro #LendoNatureza

A vindeira semana celebraremos, un ano máis, o Día da Terra e o Día do Libro (22 e 23 de abril), lendo a natureza!
Dende o CEIDA queremos animarvos a participar na campaña que novamente poñeremos en marcha nas nosas redes sociais, onde a natureza e os libros son os protagonistas. Por iso precisamos da vosa colaboración:

1. Grava un vídeo de 60 segundos (máximo) recomendando ou lendo algún parágrafo dun libro de contido ambiental. Poden ser obras literarias dirixidas a público adulto, infantil ou xuvenil; guías de natureza; ensaios, obras técnicas...
2. Compárteo nas túas redes sociais (Facebook, Twitter ou Instagram) co cancelo #LendoNatureza e nomea ou etiqueta ao CEIDA (@ceidagalicia)
3. Se non tes posibilidade de compartilo directamente nas redes, podes envialo a difusion@ceida.org ou ao teléfono 638 16 93 16 (whatssap ou telegram) e o equipo do CEIDA subirémolo por ti ás canles.
4. Os vídeos poden compartirse dende o 19 ao 23 de abril.

Axúdanos a encher de lecturas verdes as redes! 

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio