• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Edición actualizada da Guía de Recursos Educativos sobre Lixo Mariño no Día Mundial dos Océanos

Vostede está aquí

Edición actualizada da Guía de Recursos Educativos sobre Lixo Mariño no Día Mundial dos Océanos

Edición actualizada da Guía de Recursos Educativos sobre Lixo Mariño no Día Mundial dos Océanos

Actualizamos a Guía de Recursos Educativos sobre Lixo Mariño para celebrar o Día Mundial dos Océanos, dentro do programa 'Para unha Transición Ecolóxica' que desenvolvemos co apoio da Deputación da Coruña. 

A guía, elaborada pola nosa biblioteca e centro de documentación ambiental, pretende poñer a disposición tanto dos profesionais da educación, formal e non formal, como das familias, unha selección de documentos cos que traballar a problemática do lixo mariño. Inclúe recursos dispoñibles en formato físico que se atopan en préstamo no noso centro, noutras bibliotecas ou que tamén podedes localizar en librerías, mais tamén poden atoparse materiais electrónicos que se poden descargar directamente dende a Rede.

O documento pode descargarse na seguinte ligazón:
http://www.ceida.org/sites/default/files/adxuntos-biblioteca-divulgacion/guia_lixo_marino_2_edicion_2023.pdf

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio