• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Ler Natureza para celebrar o Día da Terra e o Día do Libro

Vostede está aquí

Ler Natureza para celebrar o Día da Terra e o Día do Libro

Ler Natureza para celebrar o Día da Terra e o Día do Libro

O día 22 de abril é o Día da Terra. Un día despóis, o 23 de abril, conmemórase en todo o mundo o Día do Libro. Por este motivo, o CEIDA pon en marcha a iniciativa #LendoNatureza, unha campaña en redes sociais que pretende unir a natureza e a literatura a través da participación cidadá e as novas tecnoloxías.

A forma de participar é moi sinxela:

  • Grava un vídeo de 60 segundos recomendando un libro de natureza, ou lendo algún parágrafo. Poden ser obras literarias dirixidas a público adulto, infantil ou xuvenil, guías de natureza, obras máis técnicas, etc.
  • Compárteo nas túas redes sociais (Facebook, Twitter ou Instagram) co cancelo #LendoNatureza e nomea ou etiqueta ao CEIDA (@ceida.educacion.ambiental en Facebook e @ceida_galicia en Twitter e Instagram)
  • Se non tes posibilidade de compartilo, podes enviar o vídeo a difusion@ceida.org e o equipo do CEIDA subiráo por ti ás súas redes.

Enchamos as redes sociais de lecturas ambientais!

 

 

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas