• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

O noso Centro de Documentación Ambiental reanuda o servizo de préstamo postal

Vostede está aquí

O noso Centro de Documentación Ambiental reanuda o servizo de préstamo postal

O noso Centro de Documentación Ambiental reanuda o servizo de préstamo postal

Aínda que as instalacións do CEIDA continúan pechadas ao público, dende este luns, 27 de abril, o noso Centro de Documentación Ambiental reanuda o seu servizo de préstamo postal. Este servizo permite o préstamo de libros, películas, material multimedia, e outros recursos bibliográficos a todas as persoas usuarias: un máximo de 5 documentos durante o período de tempo de 1 mes (renovable por 15 días máis se os documentos non son solicitados por outra persoa).

Os gastos de envío do préstamo postal corren a cargo do CEIDA, sendo responsabilidade da persoa demandante facerse cargo dos gastos de devolución, ou entregalos persoalmente na súa sede se, chegado o momento, o estado de alarma o permite.

Co fin de garantir a seguridade dos envíos, o persoal do CEIDA tomará todas as medidas necesarias entre cada servizo de préstamo postal, habilitando un espazo nas súas instalacións para depositar en corentena os documentos devoltos durante alo menos 14 días, de maneira que asegure a súa desinfección.

O catálogo de documentos dispoñibles en préstamo pode consultarse en:  https://documentacion.ceida.org

As solicitudes poden realizarse a través do correo-e  documentacion@ceida.org  ou no teléfono 981 630 618.

 

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio