• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Presentación do libro “Guía do Xardín de polinizadores Fernando Fueyo”

Vostede está aquí

Presentación do libro “Guía do Xardín de polinizadores Fernando Fueyo”

Presentación do libro “Guía do Xardín de polinizadores Fernando Fueyo”

Prazas limitadas!

O vindeiro xoves, 9 de febreiro, o naturalista e apicultor Alberto Uría, acompañado do entomólogo e catedrático de Bioloxía, José Carlos Otero, presentarán o libro “Guía do xardín de polinizadores Fernando Fueyo, editado pola Asociación Corripa. O acto terá lugar na actual sede do Centro de Documentación Ambiental do CEIDA, as antigas cabalarizas do Pazo de Lóngora (Liáns, Oleiros), ás 19 horas.

 
Guía do xardín de polinizadores Fernando Fueyo”:

A Asociación Corripa, entidade que realiza proxectos de conservación da natureza e recuperación do patrimonio ligado ao mundo rural, creou no 2022 o primeiro xardín para polinizadores silvestres na aldea de Pena da Nogueira, en Negueira de Muñiz (Lugo). Dito espazo non é só o primeiro do Concello e a comarca, senón a primeira acción en beneficio dos polinizadores silvestres realizada na Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos y Terras de Burón.

O xardín creouse para estudar e favorecer a biodiversidade e a riqueza de insectos polinizadores, convertíndose ademáis nun novo recurso turístico e unha nova ferramenta de investigación e educación ambiental aberto a toda a cidadanía. Leva o nome do acuarelista asturiano Fernando Fueyo, falecido recentemente, considerado un dos máis relevantes ilustradores de natureza do noso país.

   

O libro, que naceu do movemento social a través da recaudación de fondos cunha plataforma  de Crowdfunding, veu a luz no 2022. Nel participaron diferentes autores como o propio Alberto Uría, Vanessa Paredes, Alfonso Esquivel, Bernabé Moya, Félix Torres e Luis Óscar Aguado, e conta co prólogo do paleoantropólogo Juan Luis Arsuaga. Como eles mesmos indican, a obra "é moito máis que unha guía, é a unión de ciencia e tradición, de coñecemento popular e científico, un proxecto global que se pode ler, tocar e ulir, guiado polos insectos polinizadores do xardín".

A obra conta ademáis con catorce ilustracións orixinais de Fernando Fueyo, que representan a relación planta-insecto, de catorce polinizadores presentes na zona.

O proxecto foi galardonado co primeiro premio á Sostibilidade no Congreso Nacional de Medio Ambiente (CONAMA) 2022 na categoría de menos de 5.000 habitantes.

Máis información sobre este proxecto en: https://asociacioncorripa.org/jardin-de-polinizadores-fernando-fueyo%e2%80%8b

 Alberto Uría (Oviedo, 1980)

Técnico Superior en Xestión do Medio Natural e Educador Ambiental, apicultor profesional baixo a marca mel Outurelos, gañador do Premio Mellor Mel de Brezo e Mellor Mel de España na Cata de Mieladictos (2022). Forma parte do equipo técnico da Asociación Corripa, redactor e creador do proxecto do xardín de polinizadores, así como coautor e editor da “Guía del jardín de polinizadores Fernando Fueyo”.

É tamén autor e editor do libro “El Pais del Abeyeiro” (2018), ilustrado por Fernando Fueyo, e creador do ecomuseo “El Pais del Abeyero”, adicado á apicultura tradicional e á investigación e conservación dos polinizadores silvestres, tamén na aldea de Pena de Nogueira.

 José Carlos Otero (1950)

É doutor en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, onde actualmente exerce como profesor. Desenvolve a súa actividade docente e investigadora no Departamento de Zooloxía da Facultade de Bioloxía, da que foi decano dende 1992 a 1999. Ten publicado varios libros e numerosos artigos científicos dalgunhas familias de coleópteros sobre taxonomía, sistemática, biodiversidade e zooxeografía das rexións paleártica, agrotropical e oriental. Formou parte de diversas expedicións científicas a África e ao Himalaya. Publicou no 2018 o libro “La vida secreta de los insectos” con Plataforma Actual, na que explora e indada o fascinante mundo destes pequenos seres, tan necesarios para a conservación, o equilibrio natural e o coidado do medio natural.

As prazas son limitadas, así que agradécese confirmar asistencia no seguinte  FORMULARIO

 

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio