• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Suspensión de actividades por mor do COVID-19

Vostede está aquí

Suspensión de actividades por mor do COVID-19

Suspensión de actividades por mor do COVID-19

O Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia vendo a progresión dos casos de COVID-19, e seguindo as indicacións da Consellería de Sanidade e da Xunta de Galicia, comunica:

  • O adiamento das actividades formativas presenciais, educativas e divulgativas previstas para os vindeiros 15 días. As actividades afectadas son:
    • Xornada “Mulleres traballando pola sustentabilidade: a súa contribución á Axenda 2030” prevista para o 17 de marzo.
    • Xornada “Ecoturismo en Áreas Protexidas” prevista para o 2 de abril.
    • Naturezas Fotográficas Urbanas. I Xincana Fotográfica, prevista para o 4 de abril

Estas actividades levaranse a cabo nos vindeiros meses, comunicaremos as novas datas de realización en canto sexa posible.

  • O peche ao público das instalacións do CEIDA: Castelo de Santa Cruz incluíndo os xardíns, salas de exposicións e o Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga.

En canto aos servizos de Documentación Ambiental, activamos o préstamo de longa duración para as persoas que neste momento teñen libros ou outros recursos na casa. O préstamo postal queda suspendido temporalmente, mais continuaremos dando soporte bibliográfico a través das pesquisas especializadas de documentación online.

Lamentamos as molestias que esta decisión poidan ocasionar e seguiremos informando segundo evolucione a sitación.

Para máis información poden contactar co equipo do CEIDA no 981 630 618, no 638 169 316 ou no correo electrónico ceida@ceida.org

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas