• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Concellos verdes. Programa de formación de técnicos e persoal de servizos municipais en materia de infraestrutura verde e xestión da biodiversidade

Vostede está aquí

Concellos verdes. Programa de formación de técnicos e persoal de servizos municipais en materia de infraestrutura verde e xestión da biodiversidade

Accións gratuitas cofinanciadas polo FSE. Conseguir formación e un emplego de calidade.

                   

Obxectivo

Este proxecto busca mellorar a capacitación profesional e adaptación ao mercado laboral de técnicos e persoal de entidades locais e traballadores de empresas de servizos en materia de infraestrutura verde e xestión da biodiversidade en áreas urbanas.

Descrición

Dentro do tránsito hacia unha economía verde existe una crecente demanda no referente á compatibilización da xestión municipal coa conservación da súa biodiversidade tanto en áreas rurais como urbanas, considerando a esta como proveedora de servizos para a cidadanía en todo tipo de ambientes humanos.

Este proxecto pretende aumentar a capacitación profesional de técnicos e persoal de entidades locais e traballadores de empresas de servizos en materia de infraestrutura verde e xestión da biodiversidade en áreas urbanas, conceptos innovadores e de crecente relevancia en este ámbito profesional.

Plantéxase para elo un programa formativo composto por un ciclo de cursos temáticos presenciais e un curso on-line a desenvolver nas catro provincias galegas, e un curso mixto a desenvolver en Asturias. Ademáis, contémplase a implementación dun servizo de asesoramento para os traballadores destinatarios de Galicia e unha iniciativa de innovación social e traballo en rede.

Período de execución

2017-2018

Accións a desenvolver
  • Cursos "Infraestrutura verde e xestión da biodiversidade en contornas urbanas"O  obxectivo deste curso é capacitar a traballadores, especialmente no ámbito de técnicos e persoal municipal e persoal de empresas de servizos, en materia de infraesctrutura verde e xestión da biodiversidade en entornos urbanos. Trátase dun curso que se replicará para as provincias norte de Galicia (A Coruña - Lugo) e sur (Ourense-Pontevedra) co obxecto de aproximarse á realidade local de cada territorio e facilitar a asistencia e acceso a un maior número de traballadores.
  • Cursos "Xestión de Espazos Naturais Protexidos e Rede Natura desde a óptica municipal".  Dirixido a capacitar a traballadores, especialmente no ámbito de técnicos e persoal municipal e persoal de empresas de servizos en materia de espazos naturais protexidos e xestión da Rede Natura desde a óptica local. O curso separa as provincias norte de Galicia (A Coruña - Lugo) e sur (Ourense-Pontevedra) co obxecto de facilitar o acceso a un maior número de traballadores. Está dirixido fundamentalmente a residentes en municipios rurais e Rede Natura.
  • Curso online "Infraestrutura verde e xestión municipal da biodiversidade". O obxectivo do curso é capacitar a traballadores, especialmente no ámbito de técnicos e persoal municipal e persoal de empresas de servizos en materia de infraestrutura verde e xestión da biodiversidade en áreas urbanas, espazos naturais protexidos e xestión da Rede Natura, todo desde a óptica local. Trátase dun curso que engloba e amplía os contidos das dúas tipoloxías de cursos presenciais anteriores. Esta formación inclúe dúas accións formativas: 
  • Asesoramento mixto en materia de xestión municipal da biodiversidade en áreas urbanas e Rede Natura 2000.  Esta acción materializarase na posta a disposición dun servizo de asesoramento nas materias obxectivo dos cursos ofrecidos, dispoñible específicamente para todos os participantes nas accións formativas e, en xeral, para todos os traballadores públicos ou privados con interese en infraestruturas verdes ou xestión da biodiversidade en áreas urbanas ou Rede Natura desde a óptica local.
  • Traballando en rede pola biodiversidade urbana. Constitúe un proxecto colaborativo e innovador baseado na cooperación entre administraciones e sociedade civil para a difusión de coñecemento e información enfocada a unha mellora na xestión dos entornos urbanos en términos de sustentabilidade ambiental local.

 

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas