• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Investigación, innovación e gobernanza para as ZEPAS mariñas do noroeste da Península Ibérica - ÁRTABRO 3

Vostede está aquí

Investigación, innovación e gobernanza para as ZEPAS mariñas do noroeste da Península Ibérica - ÁRTABRO 3

Este proxecto conta co apoio da Fundación Biodiversidad, do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico, a través do Programa pleamar do FEMP

         

DESCRICIÓN XERAL DO PROXECTO

O medio mariño é unha das liñas de traballo prioritarias do CEIDA. Entre os múltiples proxectos vinculados ao mar e ao sector pesqueiro “Aves Ártabras” e “ARTABRO2”, desenvolvidos nos anos 2018-2019 e 2021-2021 respectivamente. Ambos permitiron avanzar no coñecemento dos valores ambientais do Golfo Ártabro, poñéndose de manifesto a súa relevancia para a conservación das aves mariñas. “Aves Ártabras” permitiu caracterizar con gran detalle as poboacións de aves mariñas presentes, de relevancia estatal e europea, e realizar unha proposta para a declaración dunha  ZEPA, elaborada mediante un proceso de participación social. "ARTABRO2" continuou avanzando nunha proposta de xestión integral desta potencial  ZEPA e outras 3 ZEPA contiguas, contribuíndo con información relevante ao proceso de xestión da Rede Natura 2000 mariña española. 

Seguindo nesta liña, “ARTABRO3” supón a última fase do proceso, mediante o desenvolvemento de medidas de xestión concretas e innovadoras. Profundizará en cuestións concretas e innovadoras de planificación, xestión,  minimización,  compatibilización e posta en valor do patrimonio natural que supoñen as poboacións de aves mariñas en relación coa intensa actividade socioeconómica deste territorio (e con especial relevancia no caso do sector pesqueiro). Deste xeito, o proxecto contará con 4 bloques principais:

  • Mellora do coñecemento científico sobre as aves mariñas do territorio, mediante a continuidade das acción de seguimento e monitoreo iniciadas en Aves Artabras e ARTABRO2: censo das poboacións reprodutoras, programas de anelamento científico e seguimento remoto, identificación de impactos e ameazas (residuos mariños, especies exóticas invasoras).
  • Pesca e aves mariñas. Continuidade no traballo de diagnóstico do estado do sector pesqueiro artesanal e a súa interrelación coas aves mariñas a través de enquisas, proceso participativo específico co sector e proposta de medidas de xestión.
  • Identificación, priorización e desenvolvemento de medidas de conservación,  compatibilización e mitigación. Posta en marcha do ensaio e desenvolvemento de protocolos e medidas de xestión específicas en ámbitos como a mortantade de aves mariñas en redes de pesca, infraestruturas enerxéticas no medio mariño, contaminación lumínica ou turismo ornitolóxico, entre outras.
  • Divulgación, sensibilización e posta en valor da importancia da conservación da biodiversidade mariña mediante a realización de charlas divulgativas, exposicións itinerantes e xornadas.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
  • Dar continuidade aos seguementos científicos iniciados, que permita ampliar as series temporais, finalizar traballos iniciados que requiren un período superior ao ano, aumentar o coñecemento mediante o aumento dos tamaños mostrais de aves con seguemento remoto, e interpretar o volume de datos que estas vaian xerando.
  • Avanzar no coñecemento do uso do medio mariño da Rede Natura 2000 por parte das especies obxectivo como base para a planificación e zonificación sostible das actividades humanas.
  • Profundar no ensaio e desenvolvemento de protocolos e medidas de xestión integral sostible da Rede Natura 2000 no medio mariño e litoral.
  • Profundar diagnóstico e traballo co sector pesqueiro mediante o ensaio de medidas de mitigación e  gobernanza.
  • Avanzar nun modelo de gobernanza integrado e multisectorial na Rede Natura 2000 mariña.
PERÍODO DE EXECUCIÓN

2022

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio