• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Ponte a Zero: Programa de Educación, Formación e Divulgación Ambiental sobre a Redución e Xestión dos Residuos na Provincia de Pontevedra

Vostede está aquí

Ponte a Zero
Co apoio de

Deputación de Pontevedra

Ano

2023-2024

Descrición e obxectivos do programa

A xestión dos residuos é un dos principais problemas ambientais que teñen que enfrentar os concellos e é de díficil solución. A Deputación de Pontevedra fai unha aposta clara pola colaboración cos concellos para afrontar os retos da normativa vixente. É preciso que a poboación local entenda a necesidade de separar correctamente o lixo para reducir os elevados custes de recollida e tratamento. Por este motivo, o CEIDA e a Deputación de Pontevedra levan a cabo o programa 'Pote a Zero', dirixido tanto á comunidade educativa como á poboación xeral da provincia de Pontevedra, e que ten os seguintes obxectivos:

  • Concienciar á comunidade educativa da problemática dos residuos.
  • Achegar coñecementos sobre os residuos urbanos.
  • Capacitar para a acción na minimización e correcta separación e xestión dos residuos domésticos.
  • Fomentar actitudes cívicas e de corresponsabilidade co medio social e natural.
  • Complementar e reforzar a educación ambiental realizada polos propios centros educativos, adecuando dentro do posible o programa ás demandas e necesidades de cada centro.
Actividades a desenvolver

 

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio