• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Especies Exóticas Invasoras: situación e propostas de mitigación

Vostede está aquí

Especies Exóticas Invasoras: situación e propostas de mitigación

As Especies Exóticas Invasoras están consideradas como o segundo dos factores que maior incidencia teñen tanto sobre a perda de biodiversidade, como na redución da capacidade de fornecer servizos por parte dos ecosistemas naturais e seminaturais. Esta monografía, editada polo CEIDA e o   IBADER,  aborda a problemática e a súa situación no territorio galego. A publicación recolle os relatorios presentados durante o transcurso do seminario formativo “Especies exóticas invasoras: situación e propostas de mitigación”, organizado polo CEIDA e celebrado no Castelo de Santa Cruz (Oleiros) durante o mes de outubro de 2017.

Contidos:

  • Especies Exóticas Invasoras en Galicia: Un problema preocupante na protección da Biodiversidade.
  • Invertebrados exóticos invasores en Galicia: situación e problemática.
  • Macroalgas invasoras en Galicia (NO Península Ibérica), una historia interminable.
  • Plantas exóticas invasoras en Galicia. Doce anos de avances no coñecemento.
  • Os mamíferos exóticos invasores de Galicia: Revisión da situación actual e a súa xestión.
  • Medios Insulares: antropización e expansión de especies exóticas invasoras. Situación no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas.

 

Información adicional
CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas