• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Reservas de Biosfera de Galicia

Vostede está aquí

Galicia conta con seis Reservas da Biosfera que representan o 25% do territorio da Comunidade Autónoma. Ademáis, unha delas é interautonómica (con Asturias) e outra internacional (con Portugal). Forman parte delas unha gran cantidade de espazos naturais protexidos pertencentes á Rede Natura 2000, incluíndo ZECs y ZEPAs, así como varios Monumentos Naturais e espazos protexidos por outras figuras de conservación internacionais (RAMSAR).

Durante os anos 2014 e 2015, o CEIDA co apoio da Fundación Biodiversidad, do Ministerio Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente, estivo a traballar na creación dun Grupo de Traballo que aglutinara as seis Reservas da Biosfera de Galicia, co obxectivo de fortalecer a súa xestión e, en particular, das súas zonas núcleo. Para elo, durante este tempo, fixéronse varias reunións cos responsables políticos e técnicos das Reservas da Biosfera, nas que se analizaron temas como:

  • A situación real de cada Reserva de Biosfera.
  • As súas carencias e problemas.
  • As súas posibles aportacións ao Grupo de Traballo.
     

Todo este traballo foi acompañado dun proceso de comunicación, educación e sensibilización pública que permitiu incrementar a visibilidade das Reservas para intentar así conseguir un maior apoio social ás mesmas, a través dos axentes dinamizadores do territorio, da comunidade educativa e dos propios órganos de participación das Reservas.

Mapa das Reservas de Biosfera españolas
Mapa das Reservas de Biosfera do estado español

A Rede de Reservas de Biosfera Galega

O territorio galego goza dun total de seis espazos recoñecidos polo Programa MaB da UNESCO como Reservas de Biosfera:

  • Reserva de Biosfera Terras do Miño (Lugo). 
    Se hai unha Reserva de Biosfera en España onde a auga é a protagonista absoluta do seus ecosistemas e hábitats esa é Terras do Miño, a primeira reserva declarada en Galicia e a sexta máis grande en extensión de España. Visita a súa web
     
  • Reserva de Biosfera Área de Allariz (Ourense). 
    A Reserva de Biosfera Área de Allariz está formada por unha ampla depresión morfotectónica por onde discurre o río Limia, rodeada dun reborde montañoso do que destaca na súa parte norte o macizo granítico de Allariz, por onde discurre encaixonado o río Arnoia. É a segunda reserva de biosfera declarada no territorio galego. Visita a súa web
     
  • Reserva de Biosfera Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá (Lugo).
    É a terceira das reservas da biosfera recoñecida en Galicia, de gran interese desde o punto de vista bioxeográfico, dado que nela se atopa o límite entre dúas rexións, o extremo suroccidental da rexión Eurosiberiana e a rexión Mediterránea. Visita a súa web
     
  • Reserva de Biosfera O Río Eo, Oscos e Terras do Burón (Lugo). 
    O territorio da Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras do Bourón atópase vertebrado en torno ás concas do río Eo e a súa desembocadura, xunto a pequenas concas costeiras cantábricas. Trátase da cuarta reserva declarada en Galicia. Visita a súa web
     
  • Reserva da Biosfera Transfronteiriza Xurés-Gerês (Ourense e Portugal). 
    Gerês-Xurés é a quinta das Reservas de Biosfera galegas, ubicada na Comunidade Autónoma de Galicia (España) e a Regiâo Norte (Portugal), dous espazos divididos polas fronteiras, pero unidos polas características naturais e culturais. A súa declaración contribúe a consolidar a imaxe do Parque Tranfronteirizo Gerês-Xurés, creado entre o Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés e o Parque Nacional de Peneda Gerês en 1997, e formando así unha unidade ambiental de elevada biodiversidade. Visita a súa web
     
  • Reserva de Biosfera As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo (A Coruña). 
    A Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo sitúase no noroeste da comunidade autónoma galega, dentro da provincia de A Coruña, entre as rías do Burgo e Betanzos, conformado polas cuncas dos ríos Mero e Mandeo.
    Visita a súa web

Rede Galega Reservas Biosfera
Mapa das Reservas seis Reservas da Biosfera Galegas

 

 

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas