Biblioteca verde. Antigas cabalarizas do Pazo de Lóngora (Oleiros).
CEIDA
O CEIDA organiza un ciclo de obradoiros prácticos de acuarela naturalista para achegarse ao medio natural a través do debuxo e da pintura. Unha oportunidade para aprender a observar con atención as formas, as cores, as texturas e os pequenos detalles da natureza, e plasmalos no papel mediante técnicas básicas de acuarela.
Cada mes celebraranse dúas xornadas de obradoiros nas que as persoas participantes poderán desenvolver as súas habilidades artísticas e descubrir o debuxo como unha ferramenta de exploración, interpretación e conexión coa contorna natural. Están dirixidos a persoas adultas interesadas na natureza e na ilustración, tanto se queren iniciarse na acuarela como se desexan seguir practicando e perfeccionando a súa técnica.
Alicia Pacheco, coñecida artísticamente como “Alo” é acuarelista autodidacta. Descubriu a súa profesión a través da exploración, que é exactamente o que fai cando está en contacto pleno coa natureza, de aí que rematase vinculando as súas dúas pasións na ilustración naturalista. Desde sempre sentiouse atraída por todas as formas da natureza, animais, plantas, froitos, rochas… e adica todo e tempo que pode a observalas. Este tipo de ilustración permítelle e, á vez obrígaa, a deterse nos detalles, a examinar cada milímetro.
Este percorrido é o que lle gustaría transmitir nestas sesións: guiar ás personas participantes polas técnicas da acuarela para que poidan levar ao papel follas, aves, insectos, rochas ou fungos a través da propia experimentación, abrindo camiños a novas interpretacións e distintos estilos. Sempre dende a liberdade que nos brinda a arte.
Os obradoiros terán un carácter eminentemente práctico, con exercicios guiados e acompañamento personalizado durante o proceso de aprendizaxe.
A partir da observación directa de elementos naturais e do traballo con referencias visuais, practicaranse diferentes técnicas de acuarela, adaptando as actividades aos distintos niveis de experiencia das persoas participantes.
A proposta busca que cada participante poida desenvolver o seu propio proxecto artístico, en función dos seus intereses e preferencias. Deste xeito, cada persoa poderá escoller os elementos naturais que desexa representar e avanzar ao seu propio ritmo, sen que todas teñan que traballar sobre un mesmo motivo ou realizar os mesmos exercicios.
Non é necesario ter experiencia previa para iniciarse nos obradoiros.
O obradoiro proporcionará os materiais básicos necesarios para iniciarse na acuarela, incluíndo acuarelas, pinceis e papel, aínda que as persoas participantes poderán traer os seus propios materiais se así o desexan.
A medida que avancen as sesións e se familiaricen coa técnica, será recomendable que cada participante dispoña do seu propio papel de acuarela, adaptado ás súas preferencias e necesidades.
As datas previstas para o mes de novembro son:
Horario: 19 a 20:30 h.
As persoas interesadas poderán escoller entre dúas modalidades de inscrición:
Para formalizar a inscrición será imprescindible cumprimentar o seguinte formulario:
Centro de Extensión Universitaria y Divulgación Ambiental de Galicia- promueve la educación ambiental en todos los sectores sociales, así como el intercambio científico y cultural, trabajando en la búsqueda de soluciones a los problemas ambientales y fomentando las buenas prácticas en este sentido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org