Talleres mensuales de acuarela naturalista

Usted está aquí

Talleres mensuales de acuarela naturalista
Plazas limitadas
Lugar

Biblioteca verde. Antigas cabalarizas do Pazo de Lóngora (Oleiros).

Organiza

CEIDA

Objetivos

O CEIDA organiza un ciclo de obradoiros prácticos de acuarela naturalista para achegarse ao medio natural a través do debuxo e da pintura. Unha oportunidade para aprender a observar con atención as formas, as cores, as texturas e os pequenos detalles da natureza, e plasmalos no papel mediante técnicas básicas de acuarela.

Cada mes celebraranse dúas xornadas de obradoiros nas que as persoas participantes poderán desenvolver as súas habilidades artísticas e descubrir o debuxo como unha ferramenta de exploración, interpretación e conexión coa contorna natural. Están dirixidos a persoas adultas interesadas na natureza e na ilustración, tanto se queren iniciarse na acuarela como se desexan seguir practicando e perfeccionando a súa técnica.

Imparte

Alicia Pacheco,  coñecida artísticamente como  “Alo” é acuarelista autodidacta. Descubriu a súa profesión a través da exploración, que é exactamente o que fai cando está en contacto pleno coa natureza, de aí que rematase vinculando as súas dúas pasións na ilustración naturalista. Desde sempre sentiouse atraída por todas as formas da natureza, animais, plantas, froitos, rochas… e adica todo e tempo que pode a observalas. Este tipo de ilustración permítelle e, á vez obrígaa, a deterse nos detalles, a examinar cada milímetro.

Este percorrido é o que lle gustaría transmitir nestas sesións: guiar ás personas participantes polas técnicas da acuarela para que poidan levar ao papel follas, aves, insectos, rochas ou fungos a través da propia experimentación, abrindo camiños a novas interpretacións e distintos estilos. Sempre dende a liberdade que nos brinda a arte.

Desenvolvemento dos obradoiros

Os obradoiros terán un carácter eminentemente práctico, con exercicios guiados e acompañamento personalizado durante o proceso de aprendizaxe.

A partir da observación directa de elementos naturais e do traballo con referencias visuais, practicaranse diferentes técnicas de acuarela, adaptando as actividades aos distintos niveis de experiencia das persoas participantes.

A proposta busca que cada participante poida desenvolver o seu propio proxecto artístico, en función dos seus intereses e preferencias. Deste xeito, cada persoa poderá escoller os elementos naturais que desexa representar e avanzar ao seu propio ritmo, sen que todas teñan que traballar sobre un mesmo motivo ou realizar os mesmos exercicios.

Non é necesario ter experiencia previa para iniciarse nos obradoiros.

Materiais necesarios

O obradoiro proporcionará os materiais básicos necesarios para iniciarse na acuarela, incluíndo acuarelas, pinceis e papel, aínda que as persoas participantes poderán traer os seus propios materiais se así o desexan.

A medida que avancen as sesións e se familiaricen coa técnica, será recomendable que cada participante dispoña do seu propio papel de acuarela, adaptado ás súas preferencias e necesidades.

Datas e horario

As   datas  previstas para o mes de novembro son:

  • Mércores 11.
  • Mércores 25.

Horario: 19 a 20:30 h.

Inscripción

As persoas interesadas poderán escoller entre dúas modalidades de inscrición:

  • Inscrición mensual completa  (40 €): participación nas dúas xornadas do mes, para seguir o proceso de aprendizaxe de maneira continuada.
  • Inscrición por xornadas soltas  (20 €): posibilidade de participar nunha única xornada.

Para formalizar a inscrición será imprescindible cumprimentar o seguinte formulario:

           ​

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Logo Ceida

Centro de Extensión Universitaria y Divulgación Ambiental de Galicia- promueve la educación ambiental en todos los sectores sociales, así como el intercambio científico y cultural, trabajando en la búsqueda de soluciones a los problemas ambientales y fomentando las buenas prácticas en este sentido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio