Entrada da Facultade de Ciencias, Campus da Zapateira, Universidade da Coruña
CEIDA
Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña, Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, Asociación de la Prensa de La Coruña. Patrocina: Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT)
Xornalistas ou medios de comunicación, e outros profesionais relacionados. Prazas limitadas.
Os residuos constituen un dos principais problemas ambientais que a humanidade temos pendente de resolver para albiscar otro futuro máis sustentable. Esta problemática adoita saír nos medios de comunicación cando son fonte de problemas na súa xestión, motivo de conflito social, etc., mais poucas veces analízase cara a cidadanía a verdadeira magnitude desta problemática a nivel tanto global como galego.
Esta xornada informativa quere ofrecer datos concretos e relevantes e concíbese como unha actividade práctica de coñecemento de dúas experiencias de innovación sobre residuos que se están a desenvolver dende a Universidade da Coruña: na xestión de todos os residuos orgánicos da Escola Superior de Arquitectura e das augas residuais na Facultade de Ciencias. O obxectivo é trasladar información aos profesionais dos medios de comunicación sobre este gran desafío ambiental dende unha óptica de optimismo e de oportunidade, presentando experiencias aplicables en moitos fogares e entidades galegas.
Entrada de balde
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org