Abrimos a inscrición para un novo programa educativo: ‘Canta cuco, canta cuco. A natureza galega a través do cancioneiro tradicional’. Dirixido aos centros educativos e entidades sociais da provincia da Coruña, o programa pretende que, a través da música e poesía oral galega, os/as participantes coñezan un pouco máis da natureza galega pasada e actual, así como do seu estado actual de conservación.
Este prazo de solicitude correspóndese coas actividades a realizar entre setembro e decembro de 2025.
Máis información e solicitudes en: https://www.ceida.org/gl/educacion-e-divulgacion/canta-cuco-canta-cuco-a-natureza-galega-a-traves-do-cancioneiro-tradicional
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org