• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Interpretación para comunicar con medios expositivos: en instalacións museográficas e centros de interpretación

Vostede está aquí

Interpretación para comunicar con medios expositivos: en instalacións museográficas e centros de interpretación
Data
venres, 1 Decembro, 2017 a domingo, 3 Decembro, 2017
Horario
  • Vernes, 1 de decembro: 16 - 20 h.
  • Sábado, 2 de decembro: 9.30 - 14 h. / 16 - 19.30 h.
  • Domingo 3 de decembro: 10 - 14 h.
Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza

CEIDA

Colabora

Museo Os Oleiros

Obxectivos
  • Revisar a metodoloxía T.O.R.A. da interpretación como estratexia de comunicación para visitantes non cautivos.
  • Coñecer as posibilidades e aplicación desta metodoloxía no deseño de exhibicións de museos e centros de interpretación.
  • Practicar no deseño de mensaxes creativas e efectivas.
Dirixido a

Persoas que traballen ou desexen traballar na interpretación e presentación do patrimonio ao público en Museos e Centros de Interpretación (educadores, museógrafos/as, deseñadores/as de exhibicións). Profesionais e estudantes dos ámbitos do turismo, xestión cultural e medio ambiente. 

Imparte

Jorge Morales Miranda, especialista en interpretación do patrimonio.

Contidos
  • A interpretación do patrimonio para xerar actitudes nos visitantes.
  • Obxectivos básicos, definicións e principios da interpretación do patrimonio.
  • Os tres pilares que sustentan a IP: o recurso, os destinatarios e as técnicas.
  • Características do público non cautivo.
  • O recurso a interpretar. Atributos tanxibles e conceptos intanxibles para conectar intelectual e emocionalmente cos visitantes.
  • A metodoloxía T.O.R.A. para provocar o ‘pensamento’:
    • Comunicación Temática, Ordenada, Relevante e Amena.
    • Características das “mensaxes interpretativas”.
    • Deseño de mensaxes interpretativas directas (relevantes) e centradas nunha idea principal (un tema)
  •  Interpretación secuencial e non secuencial.
  • O proceso de interpretar para deseñar produtos interpretativos: aplicación do proceso a un caso hipotético.
  • A interpretación aplicada ao deseño de exhibicións (inclúe actividade práctica e visita a un equipamento para a súa análise):
    • O desafío: visitantes estudosos, exploradores e fugaces.
    • Os textos interpretativos, niveles de lectura.
    • Os soportes e o deseño.
Inscrición
  • Matrícula xeral: 75 €
  • Estudantes e desempregados: 65 €
  • Prazas limitadas.
CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas