• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

O Golfo Ártabro: Biodiversidade e Benestar Humano

Vostede está aquí

O Golfo Ártabro: Biodiversidade e Benestar Humano
Seminario técnico
Data
martes, 22 Maio, 2018
Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza

CEIDA

CO APOIO DE

        

OBXECTIVOS

Divulgar o elevado valor dos elementos da biodiversidade mariña e litoral do Golfo Ártabro e a importancia dos servizos que aporta para o benestar da poboación local.

DIRIXIDO A
  • Profesionais, técnicos e/ou usuarios/as de actividades relacionadas co medio mariño.
  • Poboación local e público xeral interesado.
PROGRAMA

SESIÓN DE MAÑÁ

  • 9.30 – 10.00 h. Recepción participantes e entrega de documentación
  • 10.00 – 10.30 h. Presentación do Proxecto “Un mar de vida para a cidadanía. Biodiversidade e servizos dos ecosistemas do Golfo Ártabro”, desenvolvido co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente, a través do Programa Pleamar. D. Sergio París Gómez, CEIDA.
  • 10:30 – 11.30 h. Presentación marco: Os servizos dos ecosistemas do medio mariño e litoral. D. Sebastian Villasante, Profesor e Investigador de Economía na Universidade de Santiago de Compostela e Natural Capital Fellow na Universidad de Stanford (USA). 

 

11:30 – 12.00 h. Descanso

  • 12.00 – 12.45 h. Os bosques de algas e a súa comunidade asociada como fornecedores de servizos ecosistémicos chave no Golfo Ártabro. D. Pablo Pita, Investigador postdoutoural. Universidade de Santiago de Compostela
  • 12.45 – 13.30 h. As praderías mariñas do Golfo Ártabro. Por que son importantes? Dna. Verónica García, Investigadora sobre Biodiversidade e Conservación de praderías de Zostera mariña,  Grupo de Investigación BioCost, Universidade da Coruña.

 

SESIÓN DE TARDE

  • 16:30 – 17.15 h. Os cetáceos no Golfo Ártabro. D. Alfredo López Fernández. Presidente da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA).
  • 17.15 – 18.00 A importancia ornitolóxica do Golfo Ártabro. D. Álvaro Barros, ornitólogo, Doutor en Bioloxía pola Universidade de Vigo.
INSCRICIÓN
  • Acción gratuita cofinanciada pola FEMP.
  • Prazas limitadas.
CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas