• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Obradoiro Creación Literaria e Natureza - 2ª edición!

Vostede está aquí

Obradoiro Creación Literaria e Natureza
Aplazado
Data
venres, 9 Novembro, 2018 a venres, 23 Novembro, 2018
Lugar
  • Castelo de Santa Cruz (Oleiros).
  • Monumento Natural Costa de Dexo.
Organiza
  • CEIDA.
  • Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga.
Colabora
  • Red de Centros de Información y Documentación Ambiental (RECIDA)
Obxectivos
  • Adquirir as ferramentas básicas necesarias para un achegamento literario á natureza.
  • Coñecer as claves do ensaio naturalista.
  • Dar os primeiros pasos na composición de obras literarias naturalistas.
Dirixido a

Escritores/as, lectores/as, naturalistas, ornitólogos/as, biólogos/as, educadores/as ambientais, monitores/as de actividades de tempo libre, persoas vinculadas a ONG's ambientalistas, estudantes de literatura, universitarios/as e público xeral interesado.

Imparte

Antonio Sandoval Rey, escritor e comunicador ambiental.

http://antoniosandovalrey.weebly.com

PROGRAMA

VENRES 9 NOVEMBRO. Castelo de Santa Cruz

17:00 - 18 :30 h. O xénero:

  • Definicións. Literatura Medioambientalista Vs. Literatura de Natureza.
  • Historia: a nivel global, en España e en Galicia.
  • Algunhas obras fundamentais.
  • Lecturas comentadas - Parágrafos.

18:30- 20:00 h. Escribir:

  • Ferramentas de campo 1: a mirada, o oído, o olfacto, o coñecemento, a historia, os mitos, a memoria e as obsesións persoais.
  • O caderno de campo literario: como tomar notas.
  • Ferramentas de campo 2: os temas, as figuras literarias, a composición.
  • Como trasladar as túas experiencias ao papel: algunhas claves.
  • O que che “Importa”.
  • “Mostrar” ao lector, en lugar de “ensinarlle”.
  • A Costa de Dexo - Serantes: algunhas claves para unha aproximación literaria.

 

SÁBADO 10 NOVEMBRO. Costa de Dexo

10:00 - 14:00 h. Exercicios.  Costa de Dexo - Serantes

  • Paseo naturalista-literario pola Costa de Dexo - Serantes.
  • Creación de parágrafos e haikus.
  • Propostas de lecturas para comentar.
     

VENRES 23 NOVEMBRO. Castelo de Santa Cruz.

17:00 - 20:00 h. Lecturas e comentarios.

  • Lectura e comentarios dos textos do alumnado.
  • Comentarios ás propostas de lecturas.
  • Peche do curso.
Inscrición
  • 45 € (10 % de desconto para estudantes e desempregados/as).
  • Prazas limitadas.
CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas