• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Veciñas do mar e do ceo: introdución ao estudo de aves mariñas e cetáceos

Vostede está aquí

Veciñas do mar e do ceo: introdución ao estudo de aves mariñas e cetáceos
Prazas esgotadas!
Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros) + saída en barco dende o Porto da Coruña

Organiza

CEIDA

Co apoio de

         

Obxectivos
  • O obxectivo do curso é dotar dunhas competencias básicas para a observación, identificación e estudo de aves mariñas e cetáceos.
  • As persoas asistentes poderán optar a participar como voluntariado nalgún dos traballos científicos do proxecto que se desenvolvan coas metodoloxías explicadas nesta actividade formativa
Dirixido a

Estudantes de Bioloxía e Ciencias afíns, profesionais do sector ambiental, e outras persoas con coñecementos básicos en identificación de aves mariñas e cetáceos.

Programa
  • 28 abril
    • 10:00 – 11:00 h. As aves mariñas do Golfo Ártabro e o proxecto ARTABRO2. Sergio París, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia - CEIDA.
    • 11:00 – 14:00 h. Aves mariñas de Galicia: o corredor migratorio cántabro – galaico. Antonio Sandoval Rey, Escritor, comunicador ambiental e ornitólogo.
  • 29 abril
    • 10:00 – 12:00 h. O estudo de aves mariñas en alta mar. Marcel Gil - Biólogo especializado en monitoreo e conservación de aves mariñas.
    • 12:00 – 14:0 h. Se observamos cetáceos, avistamos ben?. Metodoloxía de avistamentos de cetáceos. Alfredo López. Doutor en Bioloxía, Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños-CEMMA.
  • 3 maio
    • 9:00 – 14:00 h. Saída en barco, práctica de observación de aves mariñas e cetáceos dende embarcación. Lugar de saída e regreso: porto da Coruña. *Data dependente das condicións meteorolóxicas e do estado do mar.

 

Máis información do   proxecto ÁRTABRO2

Inscrición

AS PRAZAS DESTE CURSO XA ESTÁN ESGOTADAS

  • Actividade gratuita cofinanciada polo FEMP.
  • Número de prazas: 8
  • Para asignación das prazas valorarase a experiencia e coñecementos vinculados aos obxectivos do curso.

 

 

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio