• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Cara a xestión integral das ZEPA mariñas do noroeste da Península Ibérica - ÁRTABRO2

Vostede está aquí

Cara a xestión integral das ZEPA mariñas do noroeste da Península Ibérica - ÁRTABRO2

Este proxecto conta co apoio da Fundación Biodiversidad, do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico, a través do Programa pleamar do FEMP

         

Descrición xeral do proxecto

A costa galega é un dos lugares do planeta nos que de maneira máis obvia conflúen actividades como a pesqueira, marítima, portuaria ou turística cunha rica biodiversidade e, ao mesmo tempo, cun importante historial de catástrofes ambientais no medio mariño. En concreto, este territorio posúe unha especial relevancia para a conservación das poboacións europeas e globais dun importante número de especies ameazadas, protexidas a nivel legal mediante a declaración de divesas Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPA) no medio mariño e litoral.

O proxecto ÁRTABRO 2 xurde como unha segunda fase do proxecto  ÁVES ÁRTABRAS,  desenvolvido polo CEIDA durante o ano 2019, e que pretendía sentar as bases para a declaración dunha ZEPA para a conservación da poboación de cormorán moñudo, as concentracións de pardela balear e o paso migratorio de aves mariñas no territorio do Golfo Ártabro. Esta ZEPA estaría situada entre outras dúas existentes, o Espazo Marino da Costa da Morte e o Espazo Marino da Costa de Ferrolterra-Valdoviño, conectándoas nunha grande área mariña protexida no noroeste da Península Ibérica, moi próxima tamén á ZEPA Espazo Marino de Punta Candelaria, Ría de Ortigueira e Estaca de Bares, e abarcando así grande parte da costa da provincia da Coruña. O obxectivo de ÁRTABRO 2 é, por tanto, contribuír á conservación das aves mariñas de Europa a través da xestión integral dos espazos mariños Natura 2000.

Obxectivos específicos
  • Mellorar o coñecemento científico das poboacións de aves mariñas presentes no Golfo Ártabro e as ZEPA mariñas da provincia de A Coruña, e do seu estado de conservación.
  • Identificar os principais impactos sobre as aves mariñas e os seus hábitas neste territorio.
  • Avaliar a incidencia da mortalidade en artes de pesca e neste territorio.
  • Propoñer medidas de conservación e xestión das poboacións de aves mariñas e dos seus hábitats.
  • Coñecer e divulgar entre o colectivo de pescadores e a sociedade en xeral boas prácticas en materia de compatibilización de pesca e conservación de aves mariñas, así como a importancia da conservación da biodiversidade mariña.
  • Facilitar a participación social, especialmente do sector pesqueiro, na  toma de decisións sobre a xestión do medio mariño.
  • Propoñer medidas de xestión integral do  medio mariño neste territorio, en especial en relación ao tráfico marítimo, pesca e uso público.
Período de execución

2020-2021

Accións a desenvolver
  • Bloque A. Mellora do coñecemento científico das aves mariñas do  ámbito de estudo:
    • Censos da poboación reprodutora de pardela cincenta, cormorán moñudo, paíño europeo e outras posibles especies de interese (gaivota patiamarela, gaivotón, gabita, gaivota escura).
    • Seguemento do paso migratorio de aves mariñas, centrado fundamentalmente no paso postnupcial en Estaca de Bares.
    • Análise do uso do espazo por parte das especies clave.
    • Campaña de anelamento científico de gaivota patiamarela e cormorán moñudo, para avaliar as súas dinámicas poboacionais.
    • Análise de variabilidade xenética de cormorán moñudo.
    • Estudo da preseza de depredadores exóticos (gato, visón, rata) nas principais colonias de cría (rastrexo, fototrampeo...).
    • Protección e consolidación de colonias de paíño europeo de menor tamaño (como A Marola) mediante a instalación de caixas niño e seguemento da súa ocupación.
  • Bloque B. Identificación  de impactos, ameazas e interaccións entre as aves mariñas e actividade socieconómico do territorio:
  • Bloque C. Interaccións entre actividade pesqueira e aves mariñas no territorio:
    • Grupos de traballo sobre interaccións  entre pesca e aves mariñas.
    • Proceso participativo para o sector pesqueiro: reunións, encontros e enquisas.
    • Embarques científicos a bordo de embarcacións de pesca para avaliar as técnicas de pesca empregadas e as interaccións existentes.
    • Divulgación entre o sector das boas prácticas pesqueiras do territorio e mellora do coñecemento das aves mariñas coas que comparten espazo: edicións de materiais.
  • Bloque D. Campaña divulgativa para a sociedade en xeral:
    • Charlas divulgativas en distintos espazos e localidades do territorio.
    • Laboratorio de Innovación Cidadá. 
  • Bloque E. Conclusións e resultados:
    • Elaboración dun informe final de resultados e unha proposta para a xestión integral do territorio.

 

NOTAS DE PRENSA
CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio