• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Xornada 'As Aves do Golfo Ártabro: Ameazas para a súa Conservación

Vostede está aquí

Xornada 'As Aves do Golfo Ártabro: Ameazas para a súa Conservación
Data
xoves, 28 Febreiro, 2019
Horario

10 a 14 h.

Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza

CEIDA

Co apoio de

     

Obxectivos
  • Dar a coñecer a importancia das aves mariñas no territorio do Golfo Ártabro.
  • Analizar os potenciais impactos e ameazas existentes para as aves mariñas neste territorio.
Dirixido a
  • Administracións competentes na xestión ambiental, pesqueira, territorial, etc. do espazo mariño e litoral do Golfo Ártabro.
  • Profesionais, técnicos e/ou usuarios/as de actividades relacionadas co medio mariño.
  • ONG’s de carácter ambiental.
  • Poboación local e público xeral interesado.
Programa
  • 9:45 – 10:00 h. Recepción participantes e entrega de documentación.
  • 10.00 – 10.40 h. Identificando posibles ameazas sobre as Aves Ártabras. Presentación do Proxecto  “Aves_Artabras. Bases participativas para a definición dunha ZEPA no Golfo Ártabro”,  desenvolvido co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica, a través do Programa Pleamar. D. Sergio París Gómez, CEIDA.
  • 10.40 – 11.30 h. Algunhas ameazas para as nosas aves mariñas: microplásticos e depredadores  invasores. D. Álvaro Barros López, Doutor en Bioloxía pola Universidade de Vigo.
  • 11:30 – 11.50 h. Pausa-café
  • 11.50 – 12.30 h. As aves mariñas e artes de pesca: o caso do corvo mariño cristado. D. David Álvarez Fernández, Doutor en Bioloxía, Universidad de Oviedo.
  • 12.30 – 13.00 h. Causas de mortalidade de aves mariñas no Golfo Ártabro. Francisco Javier Balado, Centro de Recuperación de Fauna Salvaxe de Santa Cruz.
  • 13.00 – 14.00 h. Obradoiro participativo.
Inscrición
  • Asistencia gratuita.
  • Prazas limitadas.
CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas