• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Xornada Boas Prácticas en Reservas de Biosfera: A promoción de Produtos Alimentarios de Excelencia na RB Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

Vostede está aquí

Xornada Boas Prácticas en Reservas de Biosfera: A promoción de Produtos Alimentarios de Excelencia na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Prazas limitadas
Data
luns, 25 Outubro, 2021
Horario

10 a 14 h.

Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza
  • CEIDA 
  • Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Xunta de Galicia
Obxectivos

A Ruta Agroalimentaria das Mariñas pretende mostrar un territorio de alto valor ambiental a través dos produtos naturais e ecolóxicos que nel se elaboran. Trátase de dar a coñecer a excelencia dos produtos e empresas certificados coa Marca de Calidade da Reserva de Biosfera así como polo Sistema de Calidade Turística para a realización de visitas de agroturismo. Esta primeira Ruta Agroalimentaria das Mariñas é o obxecto desta xornada, e constitúe unha oportunidade única para coñecer a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo dun xeito diferente, e servir de exemplo de boas prácticas replicable noutros territorios.

Dirixido a

Persoal técnico municipal de turismo, persoal técnico de medio ambiente, guías e informadores/as turísticos, empresas do sector turístico, estudantes de turismo, profesionais da educación ambiental, monitores de actividades de tempo libre, público xeral interesado.

Programa

10.00 h. Inauguración:

  • Dna. Ángeles Vázquez Mejuto, Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Xunta de Galicia.
  • D. César Longo Queijo, Vicepresidente da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo (MCeTM) e Alcalde de Paderne.
  • D. Carlos Vales Vázquez, Director do CEIDA.

10.30 h. Presentación da Primeira Ruta Agroalimentaria das Mariñas (Paderne). D. Diego López Pedreira, Técnico da Reserva de Biosfera MCeTM.

11.00 h. Proxección do vídeo: ‘Sinte, cos cinco sentidos’.

11.05 h. Restaurantes da Biosfera: maxia e sabor. D. Lolo Mosteiro Villaverde, Artesa da Moza Crecha, Presidente da Asociación de Ecoturismo da Reserva da Biosfera MCeTM.

11.30 h. Descanso.

12.00 h. Xerando Produtos de Agroturismo:

  • Seitura: producindo comida de calidade, ecolóxica e sostible. Dna. Mónica Malvar Rodríguez.
  • Queixos Cagiao: catro xeneracións dedicadas a cría de gando. Dna. Ana Cagiao Purriños.
  • Orballo: produción de aromáticas e reforestación de montes. D. Gerardo Lagares Abeal.
  • Adega Beade: tradición e futuro no branco lexítimo. Dna. Mª Teresa Beade Cal e D. José Bouzón Beade.
  • 77 Turismo de Betanzos: creando produto turístico local. D. José Ángel Paz Quintana e D. Ángel Arcay Barral.
  • Viaxes Alumar: comercialización de produtos de ecoturismo local. Dna. Mª Luisa Fernández Cañás.
Inscrición
  • Prazas limitadas.
  • Imprescindible inscrición.
CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio