• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Roteiros guiados polo Monumento Natural Costa de Dexo

Vostede está aquí

Programa educacion ambiental Roteiro guiado Costa de Dexo CEIDA
Lugar

Monumento Natural Costa de Dexo (Oleiros). Espazo protexido incluido na Rede Natura 2000

Obxectivos

O  Monumento Natural Costa de Dexo  ocupa un tramo costeiro comprendido entre os faros de Mera e o porto de Lorbé (ao redor de 11 km de costa), situado ao noroeste da provincia da Coruña, entre as rías de Ares-Betanzos e da Coruña, no fondo do denominado Golfo Ártabro. Pertence na súa totalidade ao concello de Oleiros, conta cunha extensión de 270 hectáreas e o seu rango altitudinal vai dos cero aos 81 m sobre o nivel do mar. Terra e mar combínanse na Costa de Dexo dando como resultado a existencia de fermosas paisaxes cheas de vida e nas que se reúnen destacados trazos xeomorfolóxicos e relevantes elementos de flora e fauna.

Esta actividade pretende: 

  • Dar a coñecer os valores naturais e culturais da nosa costa para que os participantes adopten actitudes e comportamentos positivos cara a súa conservación e uso sustentable.
  • Ser conscientes dos valores naturais e culturais que se agochan na nosa beiramar e, en concreto, no Monumento Natural Costa de Dexo (Oleiros).
  • Descubrir as potencialidades que para un desenvolvemento local sustentable ten a declaración dun espazo protexido, recoñecendo e defendendo as súas limitacións de uso, como necesarias para a conservación e como potenciais para o desenvolvemento dunha nova relación co medio máis respectuosa e sostible.

 

Dirixido a

Centros especializados, asociacións e outros colectivos interesados.

Actividades
  • Roteiro guiado pola Costa de Dexo

Durante o desenvolvemento desta actividade intentarse establecer vínculos de coñecemento e afectivos entre os participantes e o espazo a visitar. Preténdese que os participantes gocen dos paseos guiados, espertarlles os sentidos e descubrir os segredos do mundo natural, activando propostas que deriven en actitudes e comportamentos congruentes coa ética ambiental. A actividade discorrerá por sendeiros previamente sinalizados dentro do espazo protexido. Faranse paradas en puntos relevantes do percorrido en función do seu interese natural, paisaxístico, cultural ou patrimonial.

  • Datas: durante todo o ano
  • Duración: 2 horas e media
  • Número de participantes:
    • Mínimo:15
    • Máximo: 25
  • Custe da actividade: 1 € / participante

 

  • Visita á Aula do Mar

Transformada no Centro de Recepción de Visitantes do Monumento Natural Costa de Dexo, a Aula do Mar está situada nunha zona con gran valor natural, converténdose na porta natural deste espazo protexido. A información deste equipamento exponse a través de paneis interpretativos, vídeos ou elementos en relevo que resaltan a riqueza desta paraxe , mais a intervención dos guías na actividade será co obxectivo de fomentar a reflexión sobre a necesidade de conservación destes espazos para as xeracións futuras.

  • Datas: durante todo o ano
  • Duración: 1 hora
  • Número de participantes: 
    • Mínimo:15
    • Máximo: 25
  • Custe da actividade: 1 € / participante

Ambas actividades pretenden ter un marcado carácter participativo, co obxectivo de achegar aos visitantes os valores naturais, culturais e paisaxísticos do espazo, dun xeito ordenado, seguro e que garanta a conservación do espazo, establecendo vínculos afectivos entre a poboación local e o espazo a coñecer para implicalos tanto na súa conservación como na recuperación de saberes e recursos ligados ao patrimonio material e inmaterial.

 

  • Roteiro + Visita Aula

O CEIDA ofrece a posibilidade de realizar a combinación das dúas actividades no mesmo día.

  • Datas: durante todo o ano
  • Duración: 3 horas e media
  • Número de participantes: 
    • Mínimo:15
    • Máximo: 25
  • Custe da actividade: 1 € / participante
CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas