As exposicións itinerantes son ferramentas de divulgación que permiten ao CEIDA traspasar os muros da súa sede e chegar a toda a cidadanía galega, co fin de fomentar entre ela a importancia de loitar contra o cambio climático ou de axudar na conservación do patrimonio natural e cultural. Na actualidade, conta cun total de 12 mostras que cede en préstamo a todas aquelas institucións, centros educativos, concellos, asociacións ou colectivos interesados e que dispoñan dun espazo habilitado para a súa exhibición.
Co fin de garantir a seguridade dos envíos, o persoal do CEIDA tomará todas as medidas necesarias de seguridade e prevención entre cada período de préstamo, habilitando un espazo nas súas instalacións para depositar en corentena as exposicións devoltas durante 14 días, de maneira que asegure a súa desinfección.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org