O Castelo de Santa Cruz e o seu entorno atraen unha gran cantidade de visitantes que se achegan a coñecer o patrimonio natural e cultural da illa. Por este motivo, o CEIDA conta cun programa de exposicións temporais que permite aos visitantes acceder a unha información ambiental rigorosa e avaliar a situación do patrimonio natural galego e mundial. Situadas na planta baixa do Castelo, as Salas de Exposicións do CEIDA acollen paneis informativos, fotografías, coleccións de obxectos... de maneira temporal e empregadas como medio de comunicación social, co obxectivo de transmitir a beleza do patrimonio natural que nos rodea ou facer reflexionar á sociedade sobre os problemas ambientais actuais.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org