• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Galicia, Conservando a Natureza

Vostede está aquí

Galicia, Conservando a Natureza CEIDA
Produce

Xunta de Galicia

Colabora

CEIDA

Características da exposición
  • 22 paneis (100 cm de ancho x 200 cm de alto) con soportes propios.
  • Materiais didácticos para primaria, secundaria e bacharelato.
  • Folletos divulgativos.
Descrición

A natureza galega é un mosaico de paisaxes de costa e montaña, densas fragas e chairas extensas, rías onde conflúen os ríos e o mar, queirugais, matos e lagoas. Esta variedade de hábitats acolle unha importante diversidade de especies animais e vexetais, algunhas das cales presentan, no noso territorio, poboacións de extraordinaria importancia a nivel internacional, pola súa escaseza ou polo reducido tamaño do seu territorio, como poden ser a salamántiga rabilonga ou a vacaloura.
Non obstante, a actividade humana xunto co seu espallamento, a explotación dos recursos, a contaminación, etc., chegaron a poñer en perigo esta biodiversidade. A aplicación de figuras de protección ambiental, que limitan a actividade humana en determinados territorios, permítenos salvagardar na actualidade os valores naturais que conteñen, e que son representativos da paisaxe, flora e fauna de Galicia.
O 12 % do territorio galego atópase amparado por figuras de protección máis ou menos restrictivas, como os parques naturais, espazos naturais, lugares de interese comunitario ou zonas de especial interese para as aves, garantindo a preservación da nosa biodiversidade.

  • Por que esta exposición?

Presentar ao gran público a diversidade e singularidade dos nosos espazos naturais protexidos permite concienciar á poboación sobre a importancia da conservación do medio natural e o seu propio papel na preservación da natureza e das súas especies. Os/as visitantes poderanse sorprender coa cantidade e diversidade de espazos protexidos declarados no territorio galego, a variedade e singularidade das especies animais e vexetais que poden atopar neles, entenderán o significado das figuras de protección e o que conlevan, e desenvolverán actitudes de responsabilidade fronte a conservación ambiental.

Paneis

Panel 1. Galicia, conservando a natureza     Panel 2. A conservación da biodiversidade     Panel 3. Os espazos naturais galegos da Rede Natura 2000     Panel 4. Especies da Rede Natura 2000     Panel 5. O Parque Nacional das Illas Atlánticas     Panel 6. O Parque Natural do Complexo Donar de Corrubedo e Lagoas de Carrexal e Vixán     Panel 7. O Parque Natural das Fragas do Eume     Panel 8. O Parque Natural do Monte Aloia

Panel 9. O Parque Natural da Baixa Limia e Serra do Xurés     Panel 10. O Parque Natural dos Montes do Invernadoiro     Panel 11. O Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra     Panel 12. Monumentos naturais     Panel 13. Humidal Protexido Complexo Intermareal Umia-O Grove     Panel 14. Humidal Protexido Ría de Ribadeo     Panel 15. Humidal Protexido Lagoa e Areal de Valdoviño

Panel 16. Humidal Protexido Ría de Ortigueira e Ladrido     Panel 17. Principais espazos litorais da Rede Natura 2000     Panel 18. Principais ecosistemas fluviais da Rede Natura 2000     Panel 19. Principais zonas húmidas da Rede Natura 2000     Panel 20. Principais bosques galegos da Rede Natura 2000     Panel 21. Principais serras e montañas incluídas na Rede     Panel 22. Zonas de Especial Protección para as Aves en Galicia

Condicións de préstamo
  • Préstamo gratuito
  • Portes de transporte, carga e montaxe a cargo da entidade solicitante. 
  • Período de préstamo: 3 semanas (incluídos os días de traslado).

* Consulta as  condicións   completas  para a cesión temporal da exposición.

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas