• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

VI Congreso de Educación Ambiental dos Centros de Ensino da Coruña

Vostede está aquí

VI Congreso de Educación Ambiental dos Centros de Ensino da Coruña CEIDA
Data
xoves, 24 Maio, 2012
Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza

CEIDA

Colabora
  • Instituto Jane Goodall
  • Centros comerciales Haley
Patrocina

Deputación da Coruña

Dirixido a

Centros de educación secundaria, bacharelato e ciclos formativos da provincia da Coruña.

Descrición

O CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia, como punto de referencia para a educación ambiental na comunidade galega, quere potenciar e difundir actitudes, comportamentos e prácticas sociais que axuden a acadar a sustentabilidade ambiental na nosa sociedade. Con diferentes actividades de carácter formativo, divulgativo e informativo pretende chegar a un amplo abano de destinatarios entre os que se encontran a comunidade escolar.

Entre as súas liñas prioritarias de traballo atópase a posta en valor do patrimonio natural galego e a concienciación sobre a necesidade de protexelo e conservalo. Deste xeito xurde o VI Congreso de Educación Ambiental “Espazos para Conservar. Defendamos o noso Patrimonio Natural”, co fin de despertar a sensibilidade ambiental entre os máis novos, e que se celebrou o 24 de maio de 2012 no Castelo de Santa Cruz (Oleiros).

Entre sos seus obxectivos, destacan: 

  • Incentivar a realización de proxectos de educación ambiental que brinden ao alumnado e a toda a comunidade educativa a posibilidade de descubrir e valorar o Patrimonio Natural de Galicia
  • Promover unha rede de centros de ensino que desenvolvan proxectos de educación ambiental a prol da conservación do patrimonio natural galego
  • Consolidar o Congreso como un espazo de participación e debate, reforzando o papel dos centros educativos como difusores dunha nova cultura ambiental na sociedade
  • Consolidar vías de comunicación e de colaboración entre os centros de ensino e o CEIDA.
Centros participantes
CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas