• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Un mar de vida para a cidadanía. Biodiversidade e servizos dos ecosistemas do Golfo Ártabro

Vostede está aquí

Un mar de vida para a cidadanía. Biodiversidade e servizos dos ecosistemas do Golfo Ártabro

Este proxecto conta co apoio da Fundación Biodiversidad, do Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente, a través do Programa Pleamar da FEMP

                      

Obxectivos
  • Xeral:

Sensibilizar á sociedade no seu conxunto e a colectivos específicos relacionados co medio mariño acerca do valor da biodiversidade e servizos dos ecosistemas litorais e mariños e o patrimonio marítimo do Golfo Ártabro, para o fomento de usos, actividades e prácticas sostibles no medio mariño.

  • Específicos:
    • Identificación dos valores do Golfo Ártabro en términos de biodiversidade, servizos dos ecosistemas e patrimonio marítimo.
    • Transferencia de coñecemento e divulgación da biodiversidade, servizos dos ecosistemas e patrimonio marítimo do Golfo Ártabro.
    • Sensibilización do sector pesqueiro, acuícola e outros sectores vinculados ao medio mariño en boas prácticas en materia de compatibilización da actividade produtiva coa conservación da biodiversidade.
    • Reforzar o vínculo e compromiso da poboación do Golfo Ártabro co territorio e o seu patrimonio natural e cultural.
    • Informar, divulgar e sensibilizar á comunidade educativa sobre o patrimonio natural e cultural do Golfo Ártabro, fomentando a reflexión e implicación das súas accións diarias na súa conservación.
Descrición

O Golfo Ártabro constitúe un espazo mariño conformado pola confluencia das rías de A Coruña, Ares, Betanzos e Ferrol, cunha extensión de 155 km2 e 16 municipios litorais coas súas ribeiras, cunha poboación superior ao medio millón de habitantes. Neste espazo litoral e mariño desenvólvese unha importante actividade nos ámbitos marítimo, náutico, industrial, pesqueiro e turístico. Toda esta actividade económica convive cunha elevada biodiversidade que aporta ao Golfo  Ártabro unha elevada importancia na dimensión ambiental, que se suma ás dimensións social e produtiva xa citadas. Así, as augas e costas do Golfo Ártabro albergan espazos naturais protexidos e áreas Rede Natura con importantes representacións de hábitats de interese comunitario e prioritarios, así como importantes poboacións de flora e fauna incorporadas nos correspondentes Anexos das Directivas Aves e Hábitats e os catálogos de protección de fauna ameazada (rexional e estatal). A rica biodiversidade asociada a estas augas constitúe a base sobre a que se asenta unha parte importante da actividade socioeconómica da contorna a través dos servizos ofrecidos polos ecosistemas costeiros e marítimos.

O proxecto plantexa una campaña de comunicación, sensibilización e divulgación dirixida ao público xeral sobre a biodiversidad do Golfo Ártabro, os servizos que os seus ecosistemas ofrecen á sociedade e a necesidade da súa conservación e protección. Para todo elo primeiro se identificarán os valores ambientais e servizos dos ecosistemas da zona do Golfo Ártabro mediante a recompilación de información e seminarios técnicos de expertos, para seguidamente realizar diversas campañas de divulgación e sensibilización aos principais sectores do medio mariño da zona: o gran público en xeral, o sector pesqueiro e acuícola, o sector turístico, e os centros educativos.

Período de execución

1 de xaneiro a 31 de decembro de 2018

Accións a desenvolver
  • Acción 1. Identificación e diagnose sobre os valores ambientais e servizos dos ecosistemas do Golfo Ártabro. Esta primeira acción inclúe as seguintes actividades:        
    • Seminario técnico sobre a biodiversidade e servizos dos ecosistemas do Golfo Ártabro no que participarán diferentes expertos.
    • Publicación técnica sobre a biodiversidade e valores ambientais do Golfo Ártabro.
  • Acción 2. Campaña de divulgación e sensibilización sobre os valores ambientais e servizos dos ecosistemas do Golfo Ártabro dirixida ao gran público. Nesta segunda acción desenvolveranse diferentes materiais divulgativos sobre a biodiversidade e os valores ambientais e patrimoniais martítimo-pesqueiros do Golfo Árbabro.
  • Acción 3. Campaña de sensibilización específica para o colectivo de pescadores e acuicultores. Inclúe a organización dun Seminario de Sensibilización Ambiental en materia de Boas Prácticas para este sector
  • Acción 4. Campaña de sensibilización específica para o sector turístico. Ao igual que a acción anterior, pretende desenvolver un Seminario de Sensibilización Ambiental en materia de Boas Prácticas para este sector.
  • Acción 5. Programa de participación ambiental para centros educativos do Golfo Ártabro. Fundamental para impulsar o coñecemento do territorio onde conviven, os valores que alberga, os servizos que provee… inclúe as seguintes actividades:
    • Identificación de centros piloto para a realización do programa de educación ambiental para escolares.
    • Elaboración dunha guía para o profesorado.
    • Desenvolvemento dun obradoiro de educación ambiental sobre o Golfo Ártabro en centros piloto.
  • Acción 6. Comunicación do proxecto. Elaboración dunha imaxe corporativa e difusión a través da prensa, web e redes sociais.

 

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas